Como saberás, o pasado 6 de maio AXA pechou a compra do Grupo Igualatorio líder no seguro e atención sanitaria privada en Cantabria. Grazas a iso potenciamos os nosos servizos de Saúde en Cantabria, ampliando así o cadro médico e o persoal sanitario á tóa disposición e mellorando a experiencia que mereces como cliente. Xa podes consultar e gozar do teu novo cadro médico en Cantabria!

Para informarte dos médicos especialistas de AXA que están preto de ti cómpre compartir a tóa localización co servizo Google Maps. Preme aceptar se desexas continuar.
A información legal sobre este servizo está dispo�ible en: https://www.google.com/intl/es/help/terms_maps/

Evaluador de síntomas

Se te atopas mal e non estás seguro de que se trata

Comproba os teus síntomas con Oskar, o teu asistente virtual, que che realizará unha avaliación en tan só 3 minutos.

ACCEDER AO AVALIADOR DE SÍNTOMAS AXA

Estamos aquí para resolver calquera dúbida

Que significa cadro médico concertado?

Inclúe tódolos profesionais e centros médicos que están concertados con AXA e entre os que podes escoller libremente

Como podo saber que cadro médico teño?

Para coñecer o teu cadro médico, deberás seleccionar o tipo de modalidade contratada. Poderás localizar a modalidade contratada na túa tarxeta de saúde ou ben na túa póliza

Se utilizo os servizos concertados, debo aboar algún importe no momento da visita médica?

Non, unicamente deberás amosar a túa tarxeta cliente que te identifica como asegurado de AXA. Lembra que tamén tes acceso á túa tarxeta dixital a través de MyAXA. No caso de que a túa modalidade sexa de copagamento, este aboarase co recibo do mes seguinte

Tódolos profesionais que traballan nun centro hospitalario están no cadro médico concertado?

Non necesariamente. Só os que hai publicados no cadro médico AXA, que atoparás en axa.es e a través da área de cliente 

Os médicos concertados só están concertados na consulta que aparece publicada no cadro?

Si, só están concertados naqueles centros que aparecen no cadro médico publicado en axa.es e/ou na área de cliente

Estou interesado en contratar un seguro de saúde, pero antes querería ver o cadro médico de AXA

Perfecto, podes consultar o cadro concertado na páxina web www.AXA.es

Tes algunha dúbida sobre os servizos do cadro médico?

Se tes algunha dúbida sobre o cadro médico, podes contactar con Atención ao Cliente no teléfono 91 807 00 55 ou 900 909 014