Calcula tu seguro online en menos de 5 minutos
Selecciona uno de nuestros seguros y calcula tu precio sin compromiso
¿Has solicitado algún presupuesto anteriormente?
RECUPERAR PRESUPUESTOSi lo prefieres, llámanos
Podrás calcular tu seguro de forma personalizada a través de un agente. Teléfono exclusivo para contratar.
Dirígete a tu oficina más cercana
Localiza tu oficina AXA más cercana. Tienes 2500 a tu disposición
- Principios para a Sostibilidade en Seguros (PSI), asinados por AXA e outras 29 compañías aseguradoras en xuño de 2012 no Cumio de Río +20. Os catro principios PSI garanten un marco común para integrar criterios medioambientais, sociais e de goberno corporativo no negocio asegurador. AXA é un dos membros fundadores (2006) e tamén está no consello da iniciativa PSI (2013).
- Principios para o Investimento Responsable de Nacións Unidas (PRI), asinados por AXA IM (2007), AXA Private Equity (2008), AllianceBernstein (2011) e Grupo AXA (2012). Trátase dunha gran iniciativa global que busca promover o investimento responsable integrando criterios medioambientais, sociais e de goberno corporativo nas decisións dos investidores e xestores de fondos.
- Plataforma Mundial para a Redución do Risco de Desastres (UNISDR). En 2013, AXA entrou a formar parte do grupo asesor do sector privado da plataforma. Esta iniciativa busca coordinar a redución de desastres e asegurar as sinerxías en todas as accións encamiñadas á redución de desastres cunha atención especial á prevención de riscos.
- Pacto Mundial de Nacións Unidas, ao que AXA se uniu en 2002, e que pretende que as empresas e organizacións asinantes adecúen a súa actividade e estratexia con dez principios aceptados universalmente nas áreas de dereitos humanos, laborais, medio e loita contra a corrupción.
- “Protección do Clima: a plataforma dos dirixentes empresariais”, iniciativa subscrita polo Grupo AXA en 2008 e que consiste nunha plataforma voluntaria para empresas que queren demostrar o seu liderado na loita contra o cambio climático. Apoiada de forma conxunta polo Pacto Mundial de Nacións Unidas, o Consello Empresarial Mundial para o Desenvolvemento Sostible (WBSCD) e o Programa de Nacións Unidas para o Medio (UNEP).