Solicitar autorizacións médicas Algunhas probas diagnósticas, tratamentos, intervencións e/ou hospitalizacións requiren prescrición médica e/ou autorización previa de AXA, por iso, detallámosche varias maneiras para poder solicitala.
Autorización médica en MyAXA

Solicita e consulta as túas autorizacións e as dos teus fillos menores de 18 anos en MyAXA app e web de maneira áxil e sinxela.
Podes facer seguimento da túa autorización, achegar nova documentación así como descargar a autorización.

DESCÁRGAA

SOLICITUDE DE AUTORIZACIÓNS MÉDICAS

Por teléfono

Tamén podes solicitalas de maneira telefónica e axudarémoste persoalmente a realizar a túa xestión.

Para solicitar a túa autorización debes ter á man os datos da túa tarxeta, a prescrición da proba e/ou tratamento e o nome do médico prescritor, e facilitarémosche o número de autorización

Que información precisas para solicitar a túa autorización médica?

Debes solicitar a túa autorización con menos de dous meses e máis de 48 h antes da realización da proba ou intervención. Ademais, se é un ingreso por urxencias, deberás pedir a autorización durante as primeiras 72 horas seguintes ao ingreso. Que datos precisamos?

  • Nº de asegurado
  • Nome e apelidos
  • Descrición da proba e/ou intervención.
  • Nome do médico que a solicita
  • Poboación e provincia onde se realizará a proba e/ou intervención
  • Teléfono e email do contacto

Recuerda que AXA podrá solicitarte toda la información médica o clínica que considere necesaria para la valoración y tramitación de la prestación solicitada.

Se precisas enviar algún tipo de informe médico, podes achegarnos os seguintes modelos completados e asinados polo médico.

Tamén, se o prefires, podes asinar este consentimento e permitir que AXA se poña en contacto co teu médico para que nos facilite directamente a información do proceso polo que precisas a autorización da proba médica e/ou servizo médico asistencial.

Consentimento de cesión de datos de maiores de idade (PDF)

 

Se a autorización é para un menor de idade, o seu pai, nai ou titor legal debe achegar tamén o documento de consentimento de cesión de datos de menores de idade, debidamente cuberto e asinado.

Consentimento de cesión de datos de menores de idade (PDF)

 

Que probas, tratamentos ou actuacións precisan unha autorización médica?
Se o teu seguro é Óptima Xuvenil ou Premier

Aerosolterapia.

Neurofisioloxía: calquera estudo ou proba funcional (ex. electroencefalograma).

Oftalmoloxía: anxiofluoresceingrafía. Probas especiais oftalmolóxicas: potenciais evocados visuais.

Otorrinolaringoloxía: potenciais evocados, electronistagmografía, electrooculografía, probas vestibulares computerizadas.

Radioloxía e diagnóstico por imaxe: resonancia magnética nuclear (RMN), tomografía axial computerizada (TAC-escáner), Rx 3D de corpo enteiro.

Rehabilitación: calquera tratamento ou sesión de fisioterapia do aparello locomotor.

Se o teu seguro é Óptima, Óptima Familiar, Óptima Plus, Complet, Complet Copagamentos, Vip, Vip Plus

Calquera hospitalización.

Calquera intervención cirúrxica ou parto.

Próteses cubertas: stents (agás aorta), coils, mallas cirúrxicas en intervencións de hernias e incontinencia; válvulas cardíacas mecánicas e biolóxicas, próteses bypass vascular, marcapasos, desfibrilador marcapasos ADI; portacath, bomba infusión quimioterapia; LIO monofocal; material de osteosíntese e resto de próteses internas en cirurxía traumatolóxica; próteses mamarias derivadas de mastectomía (quedando excluída a prótese contralateral). Prótese testicular tras cirurxía de exérese testicular por motivo oncolóxico. Mallas reabsorbibles de duramáter (exclusivamente en cir intracranial ou espiñal tumoral). Só para pólizas de reembolso: válvulas de derivación LCR en hidrocefalia, implantes e estabilizadores de columna, próteses de esófago y de colon, LIO (multifocal) na intervención de cataratas e LIO de cámara posterior (ICL).

Análise de xenética, estudos hormonais ou inmunolóxicos.

Probas de diagnóstico e tratamento cardiolóxico e vascular: arteriografía, cateterismo, ablación e crioablación cardíaca.

Alerxia: probas de provocación.

Aparello dixestivo: endoscopia diagnóstica e terapéutica (ex. polipectomía e mucosectomía), elastografía hepática, manometría e pHmetría, litotricia (vesícula e vías biliares). 

Xinecoloxía e obstetricia: amniocentese ou amnioscopia, preparación ao parto, radioloxía especial xinecolóxica (histerosalpingografía) e ecodoppler obstétrico ou xinecolóxico.

Medicina nuclear: calquera exploración ou tratamento con radioisótopos. PET-TAC 18FDG e PET Colina para seguimento e diagnóstico en oncoloxía. En modalidades de reembolso, PET-TAC para epilepsias refractarias.

Nefroloxía: diálise e hemodiálise, litotricia extracorpórea por ondas de choque e endoureteral por láser.

Pneumoloxía (ap. respiratorio): broncoscopia, ecobroncoscopia (EBUS), osixenoterapia, ventiloterapia, poligrafía respiratoria.

Neurofisioloxía: calquera estudo ou proba funcional (ex. polisomnografía,EEG).

Oftalmoloxía: anxiofluoresceingrafía, láser oftálmico, ortóptica e pleóptica (cuberto unicamente en nenos de 6 a 10 anos), potenciais evocados visuais.

Oncoloxía: tratamentos de poliquimioterapia, radioterapia e as probas necesarias para os devanditos tratamentos.

Otorrinolaringoloxía: laringoscopia, potenciais evocados, electronistagmografía, electrooculografía, probas vestibulares computerizadas, laringoestroboscopia, posturografía dinámica.

Radioloxía e diagnóstico por imaxe: radioloxía intervencionista, radioloxía vascular, resonancia magnética nuclear (RMN), tomografía axial computerizada (TAC-escáner), diagnóstico por multidetectores (DMD), radioloxía 3D da columna.

Rehabilitación: calquera tratamento ou sesión de fisioterapia do aparello locomotor, das cordas vocais (foniatría/logopedia), recuperación do solo pelviano posparto e incontinencia urinaria leve. Ondas de choque. Rehabilitación cardíaca en modalidades de reembolso.

Tratamento da dor: bloqueos nerviosos e tratamentos con radiofrecuencia.

Uroloxía: estudo urodinámico e/ou endoscópico; láser verde, tulio e holmio en intervencións de próstata.

Chequeo médico.

Consultas ou revisións de psicoloxía.

Os termos expresados nesta web están supeditados ás condicións xerais e particulares de aplicación destes seguros así como á modalidade de seguro contratada e a que o contrato estea ao corrente de pagamento.