1 QUEN É O RESPONSABLE DO TRATAMENTO DOS DATOS PERSOAIS?
Titular: AXA Seguros Generales S.A. de Seguros y Reaseguros. CIF: A60917978
Enderezo social: rúa Monseñor Palmer nº1, 07014, Palma de Mallorca (España)
Correo electrónico: dpoaxa@axa.es
Delegado de protección de datos: Pode contactar co DPD mediante escrito indicando á atención de "Delegado de protección de datos"
2 INFORMACIÓN E CONSENTIMENTO
Queremos informarte de maneira clara e transparente sobre como recadamos, tratamos e protexemos tódolos datos de carácter persoal que recibimos a través dos múltiples medios postos á túa disposición (formularios, canles telefónicas, aplicacións móbiles, etc.), así como os derivados da navegación que realices a través do sitio web e aqueles outros datos que poidas facilitarlle nun futuro a AXA SEGUROS GENERALES S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS.
De conformidade co disposto na lexislación en materia de protección de datos de carácter persoal, mediante a aceptación da presente política de privacidade, o usuario presta o seu consentimento informado, expreso, libre e inequívoco para que os datos persoais que proporcione a través do sitio web os trate AXA SEGUROS GENERALES S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS, sendo este o responsable do tratamento, agás que no intre da recollida destes se indique o contrario.
O usuario debe ler con atención esta política de privacidade, que se redactou de maneira clara e sinxela, para facilitar a súa comprensión e determinar libre e voluntariamente se desexa facilitarlle os seus datos persoais a AXA SEGUROS GENERALES S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS.
3 OBRIGATORIEDADE DE FACILITAR OS DATOS
Dependendo dos servizos e en función dos contidos aos que se acceda, a subministración dos datos solicitados poderá ser de carácter voluntario ou obrigatorio e utilizaralos AXA SEGUROS GENERALES S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS, para cumprir coas finalidades establecidas. Polo tanto, se non se facilitan ou non se facilitan correctamente, non poderán atenderse, sen prexuízo de que poderá visualizar libremente o contido do sitio web.
4 FINALIDADES PARA AS QUE TRATAMOS OS SEUS DATOS E BASES LEXITIMADORAS
O tratamento dos seus datos persoais por parte de AXA SEGUROS GENERALES S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS realizarase para resolver as dúbidas, queixas ou reclamacións transmitidas e para contactar co interesado a través dos medios habilitados para tal efecto.
5 TIPOS DE DATOS PERSOAIS TRATADOS
AXA SEGUROS GENERALES S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS tratará exclusivamente os datos persoais que se solicitasen e respecto dos que se recibise a información previa requirida, especialmente aqueles que se indiquen como obrigatorios para a atención da súa solicitude, entre outros:
●Datos identificativos
●Datos de contacto
6 LEXITIMACIÓN PARA O TRATAMENTO DOS SEUS DATOS PERSOAIS
AXA SEGUROS GENERALES S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS trata os datos persoais para as finalidades anteriormente indicadas segundo o cumprimento dunha obriga legal para darlle resposta á súa reclamación ou queixa.
Agás que se indique o contrario, os datos que nos proporcione constitúen un requisito necesario para poder manter unha relación entre ambas partes. Polo tanto, en caso de que non nos facilite a información obrigatoria, AXA SEGUROS GENERALES, S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS non poderá atender as súas solicitudes.
7 DESTINATARIOS DOS DATOS
Non se lles transmitirán os datos persoais a terceiros, agás a prestadores de servizos profesionais cando sexa necesario.
8 PRAZO DE CONSERVACIÓN DOS DATOS
Os seus datos persoais conservaranse mentres se manteña a súa relación con AXA SEGUROS GENERALES S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS e mesmo durante os prazos de prescrición legais que sexan de aplicación, agás que autorice o seu tratamento por un prazo superior ou solicite a súa baixa, opoñéndose ou revogando o seu consentimento.
9 DEREITOS DOS TITULARES DE DATOS PERSOAIS
Como titular dos datos, e en calquera intre, vostede pode exercitar os seus dereitos por escrito -achegando copia do seu documento nacional de identidade- a:
●Enderezo de correo postal: Emilio Vargas, 6, Dpto de Operaciones-Relación Cliente, 28043 Madrid (España).
●Enderezo de correo electrónico: buzon.lopd@axa.es
1) Dereito de acceso
Ten dereito a que AXA SEGUROS GENERALES, S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS o informe sobre se está a tratar ou non os seus datos persoais e, en tal caso, poder acceder aos devanditos datos e recibir información sobre os fins para que os se tratan, as categorías de datos afectados polo tratamento, os destinatarios aos que se lles comunicaron os seus datos persoais e o prazo previsto de conservación dos datos, entre outra información.
2) Dereito de rectificación e supresión
Ten dereito a solicitar a supresión de datos persoais sempre que se cumpran os requisitos legais de aplicación, e a rectificación dos datos inexactos que o concirnan cando, entre outros motivos, estes xa non sexan necesarios para os fins para os que se recolleron.
3) Limitación do tratamento, revogación do consentimento e oposición ao tratamento
En determinadas circunstancias (por exemplo, en caso de que o solicitante impugne a exactitude dos seus datos, mentres se verifica a exactitude destes), vostede pode solicitar que se limite o tratamento dos seus datos persoais, tratándose estes unicamente para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
4) Revogación do consentimento e oposición ao tratamento en calquera intre
Por motivos relacionados coa súa situación particular, en caso de que o tratamento estea baseado no noso interese lexítimo ou no interese lexítimo dun terceiro (incluíndo o tratamento que teña por obxecto a mercadotecnia directa e a elaboración dos correspondentes perfilados). Neste caso, AXA SEGUROS GENERALES S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS cesará no tratamento, agás acreditación de motivos lexítimos.
5) Portabilidade dos seus datos
Ten dereito a recibir os datos persoais que lle facilitase a AXA SEGUROS GENERALES, S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS nun formato estruturado, común e de lectura mecánica, e a poder transmitirllos a outro responsable do tratamento sen que o responsable ao que llos facilitase llo impida, nos supostos legalmente previstos para estes efectos.
6) Limitación de decisións automatizadas
Así mesmo, ademais dos dereitos mencionados, en caso de que se adopten decisións automatizadas, incluída a elaboración de perfís, vostede ten dereito a obter intervención humana por parte de AXA SEGUROS GENERALES, S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS e a expresar o seu punto de vista e a impugnar a decisión.
Igualmente, cando se transfiran datos persoais a un terceiro país ou a unha organización internacional, terá dereito a que o informen sobre como se pode acceder ou obter copia das garantías axeitadas relativas á transferencia.
Para calquera dúbida ou cuestión adicional sobre o exercicio dos seus dereitos ou, en xeral, sobre o tratamento dos seus datos persoais, pode contactar co noso delegado de protección de datos en dpoaxa@axa.es
Finalmente, vostede terá dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control nacional (Axencia española de Protección de Datos en Jorge Juan, 6 28001- Madrid ou no teléfono 912663517).