Vida Repatriación

AXA axúdate a sentirte ben protexido co Seguro Vida Repatriación. Ofrecémosche un seguro de vida específico para estranxeiros residentes en España.

  • Falecemento por calquera causa: co pagamento dun capital de 6.000 €
  • Anticipo do 50% do capital de falecemento para gastos de enterramento
  • Repatriación ao país de orixe con acompañante
  • Asesoramento telefónico legal e de trámites para estranxeiros 24 horas
Vantaxes do Seguro de vida Repatriación AXA
Imagen Seguro de repatriación axa

Simplificamos a contratación

Sen recoñecemento médico, tan só cunha pregunta relacionada coa túa saúde.

Seguro de repatriación axa asesoramiento legal

Asesoramento legal

Sempre que o requiras, poderás utilizar o servizo de asesoramento legal e a nosa asesoría en trámites de estranxeiría.

Documentación
Estamos aquí para resolver calquera dúbida
Que cobre o servizo de repatriación?

En caso de falecemento do Asegurado acaecido dentro do territorio español, os gastos postmortem e ataúde indispensables para o transporte ou repatriación do asegurado dende o lugar do falecemento no territorio español, ata o aeroporto internacional máis próximo ao lugar de inhumación no país de nacionalidade ou, no seu caso, no país de orixe.

Tamén están cubertos os gastos ocasionados con motivo do traslado do falecido dende o aeroporto internacional do país de destino ata o lugar do enterramento, asumindo tódalas formalidades necesarias para levalo a cabo.

Acompañante en caso de repatriación

Os familiares do asegurado falecido en territorio español (cónxuxe, ascendente ou descendente en primeiro grao, irmán ou irmá por esta orde) poderán designar unha persoa, a cal terá dereito a un billete de ida e volta (avión clase turista ou tren en 1ª clase) dende o país de orixe ata España, ou viceversa, para acompañar os restos mortais dende o lugar onde acaecese o falecemento, ata o lugar de inhumación no país de orixe.

Asesoramento telefónico

1) Asesoramento legal:

Información telefónica sobre os dereitos e obrigas que como inmigrante goza en

España como país de residencia. O asesoramento centrarase tamén na normativa legal propia da comunidade autónoma na que habita. Un avogado colexiado asesorarate sobre cuestións de ámbito xeral que afecten a súa vida diaria (relacións laborais, vivenda, veciñanza, etc.).

2) Asesoramento de trámites:

Informarase o asegurado sobre documentación necesaria a achegar nos principais trámites (permiso de residencia, permiso de traballo, etc.) e onde realizalos.

3) Asesoramento informativo:

A través dun servizo de información telefónica 24 h ao día/365 días, informarase sobre a localización na poboación de residencia de centros relixiosos, consulados e embaixadas, servizos ao cidadán da poboación onde reside, transportes públicos e centros hospitalarios.

Solicita más información

Déjanos tus datos y te ofreceremos una información personalizada sobre nuestro Seguro de Vida Repatriación
Por favor, introduce un nome válido
Por favor, indica o primeiro apelido
Por favor, introduce un dni válido
Por favor, introduce un teléfono válido
Por favor, introduce un email válido
Por favor, introduce un código postal válido
Por favor, introduce un horario válido
Por favor, introduce as túas observacións correctamente
Precisas axuda? En AXA sempre estamos dispoñibles para ti, por iso che ofrecemos diferentes canles para contactar connosco. CHÁMANOS

Os termos expresados nesta web están supeditados ás condicións xerais e particulares de aplicación destes seguros así como á modalidade de seguro contratada e a que o contrato estea ao corrente de pagamento.