Calcula tu seguro online en menos de 5 minutos
Selecciona uno de nuestros seguros y calcula tu precio sin compromiso
¿Has solicitado algún presupuesto anteriormente?
RECUPERAR PRESUPUESTOSi lo prefieres, llámanos
Podrás calcular tu seguro de forma personalizada a través de un agente. Teléfono exclusivo para contratar.
Dirígete a tu oficina más cercana
Localiza tu oficina AXA más cercana. Tienes 2500 a tu disposición
Coberturas opcionais
Elección capitais accidentes
A través desta cobertura poderás escoller a combinación de capitais para o seguro de accidentes tanto para o condutor como para o pasaxeiro.
Danos ao casco ata 230 €
Cobre o pagamento da reposición ou reparación do casco, ata un importe de 230 €, cando a causa dun accidente cuberto pola póliza se produza a rotura parcial ou total que impida a súa normal utilización. Cóbrese tanto o casco do condutor como o do pasaxeiro.
Reposición de chaqueta airbag ata 500 €
Garante o pagamento da reposición ou reparación desta, ata un importe de 500 €, cando a causa dun accidente cuberto pola póliza, se produza a rotura parcial ou total da chaqueta airbag do condutor e ou pasaxeiro, que impida a súa normal utilización.
Asistencia en viaxe básica
Inclúe o transporte do vehículo en tódolos casos nos que quede inmobilizado por avaría e sinistro, límite en ambos casos de 50 km
Kit motorista:
Con este kit poderás cubrir cunha soa garantía as seguintes prestacións:
1. Cobertura do casco ata 500 € por casco. Ver garantía anterior
2. Danos na vestimenta do motorista ata 1.000 €.
Cobre a reparación ou o pagamento da reposición, ata un importe de 1.000 €, da vestimenta do condutor (botas, chaqueta, pantalóns e luvas) propia para a condución dunha moto do condutor cando esta rompa, total ou parcialmente, de maneira que impida a súa normal utilización.
3. Seguro accidentes ao tomador en calquera moto como condutor ou ocupante.
Quedarán cubertas as lesións que poidan producir morte ou invalidez temporal ou permanente, como condutor ou pasaxeiro, a consecuencia dun sinistro conducindo unha moto distinta da asegurada.
Kit axuda:
Consiste nun grupo de 3 garantías creadas para aumentar o nivel de protección do condutor en caso de sufrir un sinistro con lesións. Inclúe:
1. Indemnización por hospitalización.
Cando, a consecuencia dun accidente de circulación cuberto na póliza, hospitalicen o condutor asegurado, este
recibirá unha indemnización de 40 € ao día, por un período máximo de 60 días.
2. 2ª opinión médica.
Se, a consecuencia dun sinistro, o asegurado non estivese conforme co diagnostico realizado, poderá solicitar unha 2ª
opinión médica para contrastar o resultado. Médicos de prestixio realizarán este informe a partir do historial médico e do primeiro diagnóstico realizado.
3. Capital para adecuación da vivenda.
Cando, a causa dun accidente cuberto pola póliza, o condutor resultase lesionado cun grao de invalidez
permanente, superior ao 75%, o asegurador asumirá o pagamento dos gastos relacionados co acondicionamento especial dos accesos á vivenda, ata un máximo de 30.000 €.
Moto de substitución
Disporás dunha moto de substitución para continuar coa normalidade da túa vida cando, a causa dun sinistro cuberto, a moto sufra danos inmobilizantes.
Servizo dispoñible durante 7 días ou ata 15 días se se repara nun Taller AXA Calidade (TAC).
Perda total con franquía
A través desta cobertura terás cubertos os danos en caso de que a moto se declare perda total sen a necesidade de contratar un Todo risco.
Eco KIT
Se tes unha moto eléctrica ou híbrida enchufable, protexerás o roubo do cable de carga e os danos na estación doméstica de carga e tamén incluirás a asistencia en caso de falta de batería.
Animais cinexéticos
Terás cubertos os danos sufridos pola túa motocicleta a causa de colisión por atropelo a especies cinexéticas e animais domésticos de explotacións gandeiras, granxas ou similares.