Coberturas incluídas

Responsabilidade civil obrigatoria e voluntaria

Ademais da responsabilidade civil de subscrición obrigatoria, cubrimos:


• A responsabilidade civil de subscrición voluntaria ata 50 millóns de euros por sinistro.


• A responsabilidade civil que poida exixirselle ao asegurado por:


    O transporte dunha botella doméstica de butano
    A circulación nos recintos interiores de portos e aeroportos

Protección xurídica

Cobre a defensa penal do Asegurado como condutor da moto e de calquera condutor autorizado por aquel  en caso de accidente de circulación, nos procedementos penais seguidos contra el por faltas ou delitos

Accidentes persoais

Como condutor, cubrimos os gastos sanitarios en centros concertados para a túa máxima recuperación. Ademais, está incluída a primeira adquisición de próteses ou lentes.


Se se desexa, está a posibilidade de ampliar ata 30.000 € en caso de falecemento ou invalidez. 

Asistencia en viaxe Confort

Cobre a asistencia na estrada, dende o km 0 e con cobertura en tódolos países de Europa e os ribeiregos do Mediterráneo. Tamén inclúe a reparación "in situ" que se prestará só en España. Inclúe a asistencia ás persoas cando viaxen no vehículo asegurado ou calquera medio de transporte ordinario: inmobilización nun hotel, pagamento gastos curación, regreso anticipado,  localización e envío de equipaxes, transmisión de mensaxes urxentes, etc.

Roubo con franquía

Con esta garantía cubrimos a indemnización por roubo total da moto cando se produza a consecuencia dunha subtracción ilexítima. Tamén cubrimos os gastos de busca e localización do vehículo, ata 300 €. Todo isto aplicando a franquía escollida do 10%, 20% ou 2.000 €

Incendio con franquía

Con esta garantía protexeraste ante un incendio, cubrindo a reparación ou reposición de partes danadas accidentalmente por incendio, caída de raio e explosión, tanto en circulación como en repouso ou durante o seu transporte. Todo isto aplicando a franquía escollida do 10%, 20% ou 2.000 €

Accesorios non declarados ata 450 €

Con esta garantía cubrimos os danos nos accesorios non declarados ata un valor de 450 €, sempre que o sinistro teña cobertura pola póliza.

Accesorios declarados ata 12.000 €

Con esta garantía cubrimos os danos nos accesorios declarados ata un valor de 12.000 €, sempre que o sinistro teña cobertura pola póliza.