Coberturas incluídas

Responsabilidade civil obligatoria e voluntaria

Inclúe a Responsabilidade Civil Obrigatoria, que cobre as indemnizacións que deba facer fronte o condutor do vehículo asegurado polos danos causados ás persoas ou bens dun terceiro, derivado dun feito da circulación da que resulte civilmente responsable.


Ademais da Responsabilidade Civil de subscrición Obrigatoria, cubrimos:
• A responsabilidade civil de subscrición voluntaria ata 50 millóns de euros por sinistro.
• A responsabilidade civil que se lle poida exixir ao asegurado por:
- Arrastre de remolques ou caravanas (hasta 750 kg).
- Caída accidental da equipaxe.

Protección xurídica

Cobre a defensa penal do asegurado como condutor do vehículo e de calquera condutor autorizado por aquel en caso de accidente de circulación, nos procedementos penais seguidos contra el por faltas ou delitos.

Accidentes persoais do condutor

Se, a causa dun accidente, o condutor do vehículo falece ou sofre unha invalidez permanente, indemnizaremos o propio condutor ou os seus beneficiarios con 15.000 € (ampliable a 30.000 € ou 50.000 €).

Ademais, farémonos cargo dos gastos sanitarios derivados dos danos que poida sufrir o condutor do vehículo nun accidente, cun límite de 6.000 € en centros non concertados (este límite aumenta a 3.000.000 € en centros concertados)

Asistencia en viaxe estándar

Cobre a asistencia na estrada, dende o km 0 e con cobertura en todo o territorio español e Principado de Andorra.

Reparación e substitución de vidros

Protexe os vidros do teu coche. Con esta garantía cobres a reposición ou reparación cando se produza a rotura accidental do parabrisas, vidros laterais, vidro posterior e do teito solar se está instalado de serie ou declarado como accesorio.

Incendio do vehículo

Con esta garantía protexeraste ante un incendio, cubrindo a reparación ou reposición de partes danadas accidentalmente por incendio, caída de raio e explosión, tanto en circulación como en repouso ou durante o seu transporte. 

Roubo e furto do vehículo

Con esta garantía cubrirás a indemnización por roubo total do vehículo ou por subtracción parcial das partes fixas deste, cando se produza como consecuencia da subtracción ilexítima ou tentativa. Tamén cubrirás a reparación ou reposición das partes danadas no vehículo asegurado e os seus elementos fixos, a consecuencia de roubo ou tentativa.