Calcula tu seguro online en menos de 5 minutos
Selecciona uno de nuestros seguros y calcula tu precio sin compromiso
¿Has solicitado algún presupuesto anteriormente?
RECUPERAR PRESUPUESTOSi lo prefieres, llámanos
Podrás calcular tu seguro de forma personalizada a través de un agente. Teléfono exclusivo para contratar.
Dirígete a tu oficina más cercana
Localiza tu oficina AXA más cercana. Tienes 2500 a tu disposición
Coberturas incluídas
Responsabilidad civil obrigatoria e voluntaria
Inclúe a responsabilidade civil obrigatoria, que cobre as indemnizacións que deba facer fronte o condutor do vehículo asegurado polos danos causados ás persoas ou bens dun terceiro, derivado dun feito da circulación da que resulte civilmente responsable.
Protección xurídica
Cobre a defensa penal do asegurado como condutor do vehículo e de calquera condutor autorizado por aquel en caso de accidente de circulación, nos procedementos penais seguidos contra el por faltas ou delitos.
Accidentes persoais
Cubrimos os gastos médicos e farmacéuticos destinados á curación das lesións persoais. En caso de falecemento ou invalidez, indemnizaremos ata o capital contratado.
Asistencia en viaxe Confort
Cobre a asistencia na estrada, dende o km 0 e con cobertura en tódolos países de Europa e os ribeiregos do Mediterráneo. Tamén inclúe a reparación "in situ".
Roubo
Con esta garantía cubrirás a indemnización por roubo total do vehículo ou por subtracción parcial das partes fixas deste, cando se produza como consecuencia da subtracción ilexítima ou tentativa. Tamén cubrirás a reparación ou reposición das partes danadas no vehículo asegurado e os seus elementos fixos, a consecuencia de roubo ou tentativa.
Incendio
Con esta garantía protexeraste ante un incendio, cubrindo a reparación ou reposición de partes danadas accidentalmente por incendio, caída de raio e explosión, tanto en circulación como en repouso ou durante o seu transporte.
Reparación e substitución de vidros
Protexe os vidros do teu coche. Con esta garantía cobres a reposición ou reparación cando se produza a rotura accidental do parabrisas, vidros laterais, vidro posterior e do teito solar se está instalado de serie ou declarado como accesorio.
Danos
Protexe o teu vehículo dos danos materiais do teu coche cando ti sexas o responsable.