Calcula tu seguro online en menos de 5 minutos
Selecciona uno de nuestros seguros y calcula tu precio sin compromiso
¿Has solicitado algún presupuesto anteriormente?
RECUPERAR PRESUPUESTOSi lo prefieres, llámanos
Podrás calcular tu seguro de forma personalizada a través de un agente. Teléfono exclusivo para contratar.
Dirígete a tu oficina más cercana
Localiza tu oficina AXA más cercana. Tienes 2500 a tu disposición
Seguro para vehículos industriais
Se es propietario dun vehículo industrial, ofrecémosche o seguro coas garantías que realmente precisas.
- Responsabilidade civil
- Protección xurídica
ACCIDENTES PERSOAIS
Axudámoste se sofres algún accidente
En caso de accidente, con esta garantía contarás coa asistencia sanitaria para a túa recuperación e cunha axuda, ata o capital contratado, en caso de invalidez. Tamén protexerás a túa familia en caso de falecemento

- Documento de información sobre o produto Auto global PDF (934KB)
- Nota informativa Auto global
Inclúe as seguintes garantías: Responsabilidade civil obrigatoria, responsabilidade civil voluntaria e protección xurídica.
As garantías básicas contratadas, agás a de asistencia en viaxe, producen efecto en:
Tódolos países que integran o Espazo Económico Europeo; tódolos estados adheridos ao Convenio Multilateral de Garantía (Alemaña, Andorra, Austria, Bélxica, República Checa, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Francia, Finlandia, Gran Bretaña e Irlanda do Norte, Irlanda, Grecia, Holanda, Hungría, Islandia, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Polonia, Portugal, Suecia e Suíza). A cobertura esténdese aos estados adheridos ao Convenio Inter-Bureaux, para o cal hai que solicitar previamente o certificado internacional de seguro “Carta Verde”.
As garantías opcionais, España.
A garantía de asistencia en viaxe produce efecto:
- Respecto ás prestacións a persoas, en todo o mundo.
- Respecto ás prestacións do vehículo, en Europa e países limítrofes do Mediterráneo
Durante a vixencia do contrato de seguro debes informarnos por escrito de calquera modificación da información que che solicitamos ao contratar o seguro, así como da existencia doutros seguros que garantan algunha das prestacións deste contrato.
En caso de accidente:
- Debes comunicárnolo á maior brevidade, dentro do prazo máximo de sete días, facilitando toda clase de información sobre as circunstancias e consecuencias.
- Debes empregar tódolos medios ao teu alcance para minorar os resultados do accidente
A entrada en vigor do contrato comezará e finalizará, agás prórroga, na data e hora indicadas nas condicións particulares, sempre que se aboase o primeiro recibo.