Emprendemento 101: xestiona os cartos no teu propio negocio

Finanzas para emprendedores

Emprender é toda unha aventura. Ver algún soño realizado, ser o teu propio xefe, sacar un proxecto adiante coas túas propias mans. Sexa cal sexa a túa motivación para emprender, é importante que saibas como xestionar os teus cartos para poder ter éxito no teu novo negocio. Compartímosche os nosos mellores consellos.

Como preparar un orzamento?

Ter unha visión realista dos teus ingresos e os teus gastos é clave para ter o control dos teus cartos e xestionalos con responsabilidade e estratexia. 



Foco no teu obxectivo

Define metas claras para o teu negocio a curto e longo prazo.

De onde veñen os cartos?

Identifica as túas fontes de ingresos. Estas poden ser vendas, investimentos ou outros fluxos de efectivo.

Clasifica os teus gastos

Divídeos entre gastos fixos e variables para xestionalos mellor. 

Leva as contas

Facer un rexistro de ingresos e gastos é clave para comprobar se te estás a axustar ao teu orzamento. 

Analiza os teus gastos

Revisar os teus gastos axudarate a detectar padróns e áreas onde podes reducir custos. 

Reserva para imprevistos

Que un accidente ou un gasto inesperado non te deixe fóra de xogo. 

Fluxos de efectivo: que non te arrastre a corrente

Ter ingresos e gastos aparentemente estables non significa que debamos despreocuparnos. Monitorizar o teu fluxo de efectivo é importante para manter unha visión clara da túa situación financeira e obter o máximo beneficio.



Realiza un seguimento regular do teu fluxo de efectivo

Dependendo do tamaño do teu negocio, este pode ser diario ou semanal. Rexistra os teus ingresos e gastos para entender o movemento das túas finanzas.

Separa as túas finanzas persoais

Un dos perigos de ser emprendedor é mesturar os teus gastos persoais cos da túa empresa. Sepáraos establecendo límites e respectándoos.

Planifica e optimiza os teus cobramentos

Establecer prazos claros de cobramento ou incentivos por pagamentos anticipados. É unha maneira de controlar mellor os teus ingresos e reducir a posibilidade de impagamentos.

Controla os teus pagamentos

Mantén un rexistro claro e ordenado do que debes. Planifica os teus pagamentos e negocia prazos cos provedores para manter un fluxo positivo. 

Con cabeza

Toma as mellores decisións financeiras seguindo estes pasos



chica con ordenador

Se queres coñecer máis información, déixanos os teus datos e ofrecerémosche unha información personalizada

Solicitar información