Calcula tu seguro online en menos de 5 minutos
Selecciona uno de nuestros seguros y calcula tu precio sin compromiso
¿Has solicitado algún presupuesto anteriormente?
RECUPERAR PRESUPUESTOSi lo prefieres, llámanos
Podrás calcular tu seguro de forma personalizada a través de un agente. Teléfono exclusivo para contratar.
Dirígete a tu oficina más cercana
Localiza tu oficina AXA más cercana. Tienes 2500 a tu disposición
Como investir por primeira vez en unit linked
Un “unit-linked” é un plan que combina un seguro cun investimento. Cando pagas o teu seguro, parte deses cartos destínase a activos ou a un fondo de investimento, dos cales obterás beneficios máis adiante.
5 razóns para investir
En tempos de incerteza financeira, podemos pensar que o mellor é manter os aforros en efectivo ou en depósitos. Non obstante, a miúdo investir é mellor opción.
1. O efectivo non sempre supera a rendibilidade da inflación
2. Diversificar a túa carteira axúdate a reducir os riscos
3. Pode ser máis rendible que só aforrar
4.Dáche un mellor rendemento a longo prazo
5. Ofrece maiores oportunidades de crecemento
Estratexias de investimento
Á hora de investir, hai moitas estratexias e enfoques que podes tomar. Lembra escoller a máis axeitada para os teus obxectivos e posibilidades.
Diversificación
Como adoitan dicir, “non poñas tódolos teus ovos na mesma cesta”. Do mesmo xeito, podemos repartir os nosos investimentos para construír unha carteira sólida que resista as subidas e baixadas do mercado. Deste xeito, se caese o valor duns activos determinados, poderemos equilibrar a perda con outros que non perdesen valor.
Longo prazo
Investir a longo prazo significa que, aínda que a curto prazo poidas experimentar perdas, co tempo obterás ganancias. Aínda que isto poida parecer arriscado, a evidencia demostra que a tendencia a longo prazo do mercado de valores é positiva. Aínda así, optar por este tipo de investimento dependerá dos teus obxectivos e a túa capacidade para tolerar o risco.
Investimento periódico
O investimento periódico é unha estratexia ben valorada para acumular patrimonio. Ofrece maior flexibilidade e permíteche investir pequenas cantidades que co tempo podes ir aumentando. Ademais, non terás que preocuparte polo momento axeitado de mercar e vender os teus activos.
Corte medio de investimento
É unha estratexia que consiste en investir a mesma cantidade cada mes para reducir o impacto das subidas e baixadas do mercado. Así, mercas os activos a diferente prezo e non te arriscas a unha perda grande, pero tamén pode reducir os teus beneficios, se o mercado está constantemente subindo.
Como investir con éxito
Comezar a investir pode parecer abafador. Pero con estes consellos, dar o paso será menos abafador.
Planifica os teus obxectivos
Tanto se invistes por primeira vez, como se tes anos de experiencia, fixar algúns obxectivos de investimento é o primeiro paso para saber como acadalos. Podes falar cun asesor financeiro para que te axude a definilos.
Entende o teu nivel de risco
Escoller o nivel de risco axeitado para ti é fundamental. Dependendo da túa tolerancia, saberás se debes investir en activos de maior ou menor risco.
Diversifica o teu diñeiro
Investir en diferentes activos pode mellorar as túas rendibilidades. Aínda que o valor dunha parte da túa carteira de investimento diminúa, as demais poderían subir para compensalo.
Non teñas medo de cometer erros
Os erros forman parte do proceso de investimento. Para tentar tomar decisións acertadas, elabora un plan diversificado a longo prazo para aumentar as posibilidades de recuperar posibles perdas.
Non comeces por todo o alto
Podes comezar a investir dende só 50 euros ao mes, non é preciso contar cunha fortuna. A clave para acumular riqueza está en desenvolver bos hábitos e, se convertes o investimento nun hábito, a túa situación financeira mellorará co paso do tempo.
Como se cristalizan as perdas?
É importante que coñezas os comportamentos prexudiciais para o teu crecemento financeiro. Amosámosche os pasos cos que os investidores “cristalizan” as súas perdas para que os evites.
Paso 1: Entrar ao mercado con prezos altos
Entrar no mercado cando a confianza é alta pode darnos seguridade, pero non é garantía dunha ganancia. Pode acontecer que esteas a mercar activos a un prezo demasiado alto e que che xeren unha gran perda se caen.
Paso 2: Saír do mercado nas túas primeiras perdas
Cando caen as bolsas, algúns investidores tentan minimizar as perdas vendendo as súas accións, aínda que iso implique vender a un prezo baixo o que inicialmente mercaron por moito máis diñeiro.
Paso 3: Realización de perdas
Isto significa que o investidor materializou as perdas causadas pola baixada da bolsa ou as "cristalizou". Os investidores que o fan perden a oportunidade de obter ganancias potenciais se os mercados repuntan.
Evita a cristalización mantendo o investimento
As estatísticas demostran que manter o investimento nunha carteira diversificada é a mellor maneira de obter beneficios a longo prazo, así como de evitar a cristalización das perdas.
Se queres coñecer máis información, déixanos os teus datos e ofrecerémosche unha información personalizada
Solicitar información