Calcula tu seguro online en menos de 5 minutos
Selecciona uno de nuestros seguros y calcula tu precio sin compromiso
¿Has solicitado algún presupuesto anteriormente?
RECUPERAR PRESUPUESTOSi lo prefieres, llámanos
Podrás calcular tu seguro de forma personalizada a través de un agente. Teléfono exclusivo para contratar.
Dirígete a tu oficina más cercana
Localiza tu oficina AXA más cercana. Tienes 2500 a tu disposición
Olga Sánchez Rodríguez, presidenta da Fundación AXA e conselleira delegada de AXA España, incorporouse en 2019 ao pleno do Real Padroado do Museo do Prado como representante dunha das entidades “benfeitoras”.
"Hoy toca El Prado"
Ademais, a Fundación AXA e o Museo do Prado colaboraron na posta en marcha do proxecto "Hoy toca El Prado", cuxo principal obxectivo é facer accesible ás persoas con algún tipo de discapacidade visual unha selección de obras representativas da colección do Prado. Houbo unha primeira itinerancia en 2015 que puido verse nas salas do Museo do Prado e viaxou posteriormente a Mallorca, Xirona, Donostia, Vigo, Valencia e Sevilla.
"Hoy toca El Prado" comezou unha nova itinerancia a finais de 2021 en Cáceres, seguiu na Coruña e está agora mesmo en Málaga. Pasará tamén por Zaragoza, Lleida e Salamanca.
Trátase dun proxecto inclusivo, que consta de reproducións en relevo dunha selección de obras emblemáticas da colección do Museo do Prado para que as persoas con algún tipo de discapacidade visual podan facer un percorrido das pezas coas mans. Para enriquecer a experiencia, desenvolvida xunto a profesionais con restos de visión, a iniciativa inclúe material adicional de apoio como paneis e cartelas en braille e audioguías, ademais de gafas opacas, para poñer a disposición de todo tipo de público esta inmersión sensorial.
Coñece máis acerca deste proxecto
O Museo do Prado e a Fundación AXA presentan: "Paret"
24/05 - 21/08/2022
Patrocinada pola Fundación AXA, a exposición "Paret" propón un percorrido cronolóxico e temático pola obra deste artista do século XVIII de singular enxeño e personalidade. Considerado como o máis notable representante da tradición do rococó francés en España, foi denominado como o "Watteau español", o seu estilo é en realidade máis variado e ecléctico, ao incluír por exemplo numerosas obras de alento neoclásico. A estelar traxectoria e influencia posterior de Francisco de Goya e a súa particular biografía, marcada por un longo desterro en Porto Rico e Bilbao, acabarán por ensombrecer o seu papel na arte española do século XVIII.
"Faise xustiza a un gran mestre como é Luis Paret, un autor de escola, coetáneo de Goya e innovador e moderno. O Museo do Prado dános a oportunidade agora de gozar dun gran artista do século XVIII, un artista de Madrid cunha gran traxectoria e unha apaixonante vida que, sen dúbida, vese tamén reflectida nos seus cadros", comenta Josep Alfonso, director xeral da Fundación AXA. Esta exposición aspira a restaurar a súa importancia e dalo a coñecer ao gran público tanto dentro como fóra de España. Con máis de 80 obras entre as que figuran a maior parte das súas pinturas e unha selección dos seus debuxos, o Museo Nacional do Prado, xunto coa Fundación AXA, ofrece unha exposición que permitirá descubrir a este sobresaínte artista que destaca pola modernidade e estilo moi persoal.
Coñece máis sobre o Museo do Prado