Cuida tu vida con Axa
Coida a túa vida con AXA

Contrata o teu seguro de Vida e poderás levarche de balde ata 10 videoconsultas psicolóxicas ou psiquiátricas e 50 € de agasallo no noso recuncho de vida saudable*

* Consulta las bases en https://www.axa.es/promociones

Calcula tu seguro de Vida Protect

Información importante

A proposta desta póliza realizada por AXA, para tódolos efectos, considérase unha venda informada para os efectos da normativa de distribución de seguros privados.

Preguntas frecuentes

Que coberturas e límites me ofrecen os seguros de Vida Protect?

Segundo o tipo de seguro que escollas dos 3, poderás contratar, ademais dunha indemnización por falecemento de ata 500.000 €, unha indemnización por invalidez absoluta e permanente de ata 5 veces o capital de falecemento cun máximo de 1.000.000 €, e a cobertura opcional de Graves Doenzas cun límite máximo de 180.000 €.

Ademais, nos 3 casos inclúense as coberturas de anticipo por gastos de enterramento e anticipo para o pagamento de impostos de sucesións.

Teño límite de idade para contratar estas coberturas?

Si, existen diferentes límites segundo as coberturas que escollas: para contratar falecemento cómpre ter entre 18 e 74 anos inclusive; para invalidez absoluta permanente e doenzas graves hai que ter entre 18 e 55 anos inclusive.

Podo contratar os seguros de Vida Protect se exerzo unha profesión de risco?

Si, podes contratalos. A prima do teu seguro pode variar se exerces unha das seguintes profesións: as actividades profesionais con manexo de explosivos, mergullo ou submarinismo, intervención subterránea, intervención en montaña, servizo aéreo, actividades antiterroristas, tauromaquia ou circo.

Podo contratar pola web indemnizacións maiores de 300.000 €?

A través da web poderás contratar directamente capitais ata 300.000 €. Para capitais superiores, un asesor contactará contigo para xestionar personalmente a túa petición.

Podo fraccionar o pagamento do meu seguro?

Si, AXA ofréceche 3 opcións de fraccionamento do pagamento: anual (inclúe desconto do 4%), trimestral (inclúe desconto do 2%) e fraccionamento mensual.

Que acontece se practico un deporte de risco?

Os sinistros derivados da práctica dun deporte de risco están excluídos.

Que doenzas graves cobren os seguros Vida Protect?

Quedan cubertas as seguintes doenzas nos termos descritos no condicionado: infarto de miocardio, cancro, accidente cerebrovascular, insuficiencia renal, transplante dun órgano vital, parálise, alzhéimer, párkinson. Para maior detalle das doenzas cubertas e excluídas, consulta o enlace do condicionado do seguro Vida Protect.

Que outras vantaxes teñen os seguros de Vida Protect?

Só por contratar un seguro de vida e converterte en cliente de AXA, terás acceso a unha multitude de servizos orientados á prevención, ao benestar e ao coidado da túa saúde a través da túa conta de cliente en MyAXA Web

Podo facer uso ilimitado da atención medica personalizada?

Si, poderás usar o servizo de asesoramento médico, nutricional, psicolóxico, pediátrico… as veces que desexes a través do chat. Ademais terás dúas videoconsultas gratuítas ao ano e a un prezo reducido o resto.

Como podo acceder aos servizos de saúde que inclúe o meu seguro?

A través da web de AXA (app e web) poderás acceder ao apartado “Recuncho saudable” onde terás á túa disposición tódolos servizos descritos con anterioridade.

Documentación

Podes recibir a documentación en papel, solicitándoa no 911119508.