Calcula tu seguro online en menos de 5 minutos
Selecciona uno de nuestros seguros y calcula tu precio sin compromiso
¿Has solicitado algún presupuesto anteriormente?
RECUPERAR PRESUPUESTOSi lo prefieres, llámanos
Podrás calcular tu seguro de forma personalizada a través de un agente. Teléfono exclusivo para contratar.
Dirígete a tu oficina más cercana
Localiza tu oficina AXA más cercana. Tienes 2500 a tu disposición
Información requirida
Para poder darche o prezo exacto recomendámosche que teñas á man:

Dni

Enderezo a asegurar

Metros cadrados e ano de construción
Non, para ter cubertos os danos que cause o teu can tes que declaralo e obter o certificado
Podes incluír ata un máximo de 5 cans
Sexa cal sexa a raza do teu can, poderás incluílo no teu seguro do fogar
Calquera persoa que estea ao cargo do teu can estará protexida fronte aos danos que o teu can poida causar
É o conxunto formado por:
· A construción principal: cimentos e muros; forxados, vigas e piares; paredes, teitos e chans; cubertas e fachadas; portas e fiestras.
· As construcións accesorias: armarios encaixados, chemineas e pechamentos encristalados.
· As dependencias e edificacións que se atopen no mesmo predio descrito na póliza, tales como garaxes, rochos, leñeiras e adegas.
· Os valos, muros e cercas dependentes e independentes do edificio asegurado que sexan de pechamento ou de contención de terras.
· As zonas de recreo e deportivas, cuxo uso e gozo se deriva da propiedade da vivenda, así como as súas instalacións anexas (piscina).
· As instalacións fixas de:
- Auga, gas, electricidade, antenas de radio, radioafeccionado e televisión, enerxía e telecomunicacións.
- Domótica.
- Calefacción e refrixeración, incluídas caldeiras, radiadores e aparellos de produción de frío que estivesen instalados de maneira permanente.
- Os elementos sanitarios.
- As persianas e toldos.
- Pavimentación de parcela ou xardín e farois privativos da vivenda.
- Os elementos de ornato tales como falsos teitos, moquetas, enteados, papeis pintados e revestimentos de madeira que estean adheridos permanentemente ás construcións principal, accesorias ou anexas.
Os bens característicos do fogar que estean dentro da vivenda, como:
1. Mobiliario:
a. Mobles, electrodomésticos, equipos eléctricos e electrónicos.
b. Roupa e enxoval doméstico.
c. Comestibles.
d. Obxectos de uso persoal.
e. Animais domésticos que sexan cans, gatos, paxaros ou peixes.
f. Obxectos de uso profesional ata un máximo do 25% da suma asegurada para mobiliario.
2. Xoias: considéranse como tales:
a. Obxectos de ouro, prata e platino con ou sen perlas ou pedras preciosas engarzadas, e pedras preciosas engarzadas.
b. As moedas de ouro e prata que non formen parte de coleccións.
3. Obxectos de valor artístico:
a. As obras de arte e antigüidades como tapices, cadros, alfombras e peles, con valor unitario que exceda de 10.000 €.;
b. As coleccións e os incunables, de calquera valor.
Os danos materiais directos aos bens asegurados a consecuencia de derramamento accidental ou filtracións de auga procedente de instalacións fixas (mesmo por omisión ou desaxuste do peche de billas, chaves de paso ou calquera tipo de válvula) ou aparellos conectados á rede de auga.
Os danos materiais directos aos bens asegurados a consecuencia de derramamento accidental ou filtracións de auga procedente de instalacións fixas (mesmo por omisión ou desaxuste do peche de billas, chaves de paso ou calquera tipo de válvula) ou aparellos conectados á rede de auga.
Este concepto inclúe por asimilación os líquidos distintos á auga que alimentan sistemas de calefacción, auga quente ou extinción de incendios.
Danos que teñan a súa orixe en redes de saneamento subterráneas, tales como fosas sépticas, arquetas, cloacas, sumidoiros e similares.
Danos que teñan a súa orixe en acuarios e/ou peixeiras, sempre que estes teñan unha capacidade superior a 30 litros.
Danos por auga que se produzan a causa de xeadas.
Información importante
A proposta desta póliza realizada por AXA, para tódolos efectos, considérase unha venda informada para os efectos da normativa de distribución de seguros privados.

Asistencia no fogar completa

Todo risco

Inhabitabilidade da vivenda

Mudanzas ou traslados

Danos en equipos informáticos
- Nota informativa PDF (249KB)
- Documento de información Confort PDF (421KB)
- Condicionado xeral Confort PDF (842KB)
- Información previa a proporcionar pola aseguradora PDF (249KB)
Podes recibir a documentación en papel, solicitándoa no 911119508.