Política de uso de cookies

A páxina web www.axa.es, responsabilidade de AXA SEGUROS GENERALES, S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS con domicilio social na rúa Monseñor Palmer 1 de Palma de Mallorca e inscrita no Rexistro Mercantil de Palma de Mallorca, folla PM-61041 e CIF número A60917978, utiliza cookies propias e de terceiros. Consecuentemente, á utilización de cookies aplícaselle a presente política que se elaborou coa finalidade de que vostede, o usuario, quede informado dos distintos tratamentos que se levan a cabo nestes dispositivos e poida consentir o seu uso de xeito informado, de conformidade co previsto na lexislación vixente.

 

AXA SEGUROS GENERALES, S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS infórmao de que emprega ferramentas que lle permiten obter e dispor de información sobre as súas accións, uso e navegación pola nosa páxina web co obxecto de poder mellorar a súa usabilidade, ofrecerlle as mellores ofertas de produtos ou servizos para os efectos da futura contratación, analizar e anticipar comportamentos fraudulentos, resolver incidencias e analizar erros así como crear perfís que permitan establecer regras de subscrición e tarificación.

 

Información xeral sobre cookies

Con carácter xeral informámolo de que as cookies son unha mensaxe enviada polo servidor ao ordenador do usuario consistente en arquivos de texto que se almacenan na memoria do ordenador e que recollen información relativa á páxina que se visita, o tempo de conexión a Internet, etc. As cookies volven enviarse ao servidor cada vez que vostede entra nesa páxina. As cookies instaladas por AXA non poden ler datos do seu disco duro nin ler os arquivos cookie creados por outros provedores. Os logs son uns arquivos almacenados no servidor do editor que rexistran información sobre a súa navegación e que teñen por finalidade analizar o funcionamento do sistema, localizar as incidencias e problemas que poidan xurdir e solucionalos no menor prazo posible, seguirlle a ofrecer os servizos que solicita, coñecer mellor as súas preferencias e ofrecerlle outros servizos que poidan adecuarse aos seus gustos. A revogación do seu consentimento, na forma prevista na presente política, ou a modificación das condicións de acceso ás cookies a través do seu navegador implicará a imposibilidade dunha correcta navegación e a imposibilidade de adecuar o noso portal ás necesidades específicas do usuario.

Descrición das tipoloxías de cookies habitualmente utilizadas en Internet.

A continuación, expoñemos unha clasificación das cookies habitualmente utilizadas atendendo a distintas tipoloxías en función do seu responsable, o tempo de permanencia e a finalidade do seu uso:

1 - Tipos de cookies segundo a entidade que as xestione:

• Cookies propias: son aquelas que se envían ao equipo terminal do usuario dende un equipo ou dominio xestionado polo propio editor e dende o que se presta o servizo solicitado polo usuario.

• Cookies de terceiro: son aquelas que se envían ao equipo terminal do usuario dende un equipo ou dominio que non xestiona o editor da web, senón outra entidade que trata os datos obtidos a través das cookies.

2 - Tipos de cookies segundo o prazo de tempo que permanecen activadas

• Cookies de sesión: Son un tipo de cookies deseñadas para recadar e almacenar datos mentres vostede, o usuario, accede a unha páxina web. Adoitan empregarse para almacenar información que só interesa conservar para a prestación do servizo solicitado polo usuario nunha soa ocasión (p. ex. unha listaxe de produtos adquiridos).

• Cookies persistentes: son un tipo de cookies mediante as que os datos seguen almacenados no terminal e poden accederse e tratarse durante un período definido polo editor da cookie, que pode ir duns minutos a varios anos.

3 - Tipos de cookies segundo a súa finalidade:

• Cookies necesarias ou técnicas: son aquelas que permiten ao usuario navegar pola web ou aplicación e utilizar os diferentes servizos ofrecidos ou necesarios para a xestión e funcionamento da web, como o control do tráfico e visitas, o acceso á área privada, realización dun proceso de tarificación, recordatorio de pedidos pendentes, contratación en liña, control da fraude vinculada á seguridade do servizo ou doutros servizos.

• Cookies de preferencia: son aquelas que lle permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características xerais predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo sería o idioma, o tipo de navegador a través do cal accede ao servizo, a configuración rexional dende onde accede ao servizo, etc.

• Cookies estatísticas: son aquelas que lle permiten ao editor destas o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vencelladas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios dos devanditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función da análise dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

• Cookies de análise: son aquelas que lle permiten ao editor destas o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vencelladas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios dos devanditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función da análise dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

• Cookies de márketing: son aquelas que permiten a xestión, da maneira máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o que permite desenvolver un perfil específico para amosar publicidade en función deste.

4 - Cookies “null”

• Se ben queremos informalo de que vostede, como usuario, poderá acceder á listaxe de cookies que aceptou ao acceder á nosa páxina. Nesta apareceralle unha listaxe de tódalas tipoloxías de cookies e o sistema bloqueará automaticamente aquelas que vostede rexeitase, dando como resultado que o campo desta apareza “baleiro” ou coa palabra “null”. É dicir, nos devanditos casos a Compañía non trata ningunha información do usuario atendendo ao seu rexeitamento previo.


Aceptar, denegar ou revogar o consentimento ou como eliminar as cookies

Vostede, en calidade de usuario desta web, presta o seu consentimento, de xeito informado, expreso, libre e inequívoco, para a instalación de cookies, a través do botón “Aceptar tódalas cookies” que aparece na primeira capa informativa ou ben segundo a selección granular de cada unha das tipoloxías de cookies que realizou dende o xestor de cookies “Personalizar”.

Se vostede fai clic no botón da primeira capa “Só usar cookies necesarias”, as cookies non se lle instalarán no dispositivo, agás aquelas que sexan técnicas ou estritamente necesarias, ou de personalización cando vostede tome decisións sobre elas, actuando nese caso como cookies técnicas e sen que poidan utilizarse para outros fins distintos.

Á marxe das devanditas cookies técnicas, non se instalará ningunha outra sen a súa previa aceptación.

Unha vez aceptadas e/ou configuradas as cookies, vostede pode cambiar o seu consentimento ou retiralo, facendo clic no apartado amosado a continuación onde se indica “Cambiar o seu consentimento”.

 

Configuración do seu navegador para o uso das cookies

Adicionalmente, vostede poderá impedir a xeración de cookies mediante a selección da correspondente opción no seu programa navegador. Para isto deberá acceder ás opcións de configuración de privacidade, segundo o navegador, e seleccionar as operacións de xestión de cookies que desexe.

Para máis información escolla entre os seus navegadores:

• Internet Explorer: Ferramentas -> Opcións de Internet -> Privacidade -> Configuración. Para máis información, pode consultar o soporte de Microsoft

 

http://windows.microsoft.com/es-es/windows-vista/block-or-allow-cookies ou a Axuda do navegador.

• Firefox: Ferramentas -> Opcións -> Privacidade -> Historial -> Configuración personalizada. Para máis información, pode consultar o soporte de Google

 

https://support.mozilla.org/es/kb/habilitar-y-deshabilitar-cookies-sitios-web-rastrear-preferencias ou a Axuda do navegador.

• Chrome: Configuración -> Amosar opcións avanzadas -> Privacidade -> Configuración de contido. Para máis información, pode consultar o soporte de Google

 

https://support.google.com/accounts/answer/61416?hl=es ou a Axuda do navegador.

• Safari: Preferencias -> Seguridade. Para máis información, pode consultar o soporte de Apple

 

http://support.apple.com/kb/HT1677?viewlocale=es_ES&locale=es_ES ou a Axuda do navegador.

 

Transferencia de datos a terceiros países realizadas polo editor

As cookies utilizadas por terceiros neste sitio web poden implicar transferencia de datos a outros países. En concreto, os seguintes:

 

Cookie de terceiros País Información sobre a transferencia

Facebook

EE. UU.

https://es-es.facebook.com/policies/cookies/

X (formerly Twitter)

EE. UU.

https://help.twitter.com/es/rules-and-policies/twitter-cookies

Google

EE. UU.

https://policies.google.com/technologies/cookies?hl=es

Userzoom

EE. UU.

https://www.userzoom.com/es/privacy-policy-website- visitors/

 

 

Para o resto de información sobre o tratamento dos seus datos persoais que non pertenzan a cookies poderá remitirse á política de privacidade.

 

Vostede poderá exercitar en calquera intre os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade do tratamento dos seus datos, nos termos previstos legalmente, dirixíndose ao enderezo postal do editor sinalado ao inicio do presente documento e acompañando copia do documento.

Vostede poderá revogar polos medios anteriormente indicados, e en calquera intre, os consentimentos particulares para o uso das cookies que lle solicitamos nesta cláusula, sen efectos retroactivos e nos termos previstos legalmente dirixíndose ao enderezo postal do editor sinalado ao inicio do presente documento.

Para máis información sobre o exercicio dos seus dereitos poderá consultar a nosa Política de privacidade.

Última actualización: outubro 2024