Información legal

 

TITULARIDADE

O titular da presente páxina web www.axa.es é AXA SEGUROS GENERALES, S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS con CIF A-60917978 e domicilio social na r/ Monseñor Palmer 1 de Palma de Mallorca e que figura inscrita no Rexistro Mercantil de Palma de Mallorca, no tomo 2325, folio 97, folla PM-61041.

AXA SEGUROS GENERALES, S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS atópase baixo a supervisión da DIRECCIÓN XERAL DE SEGUROS E FONDOS DE PENSIÓNS (DXSFP) e consta inscrita no rexistro obrante na DXSFP coa clave administrativa C0723.

A través desta páxina recádase información do usuario para acceder e pór á súa disposición produtos e servizos ofrecidos tanto por AXA SEGUROS GENERALES, S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS como por outras sociedades do Grupo en España como, por exemplo, AXA AURORA VIDA, S.A. DE SEGUROS Y REASEGUROS; AXA PENSIONES, S.A. ENTIDAD GESTORA DE FONDOS DE PENSIONES.

Lembre que, se non está de acordo coas condicións establecidas neste documento, non debe continuar navegando nin accedendo aos contidos desta e que, en calquera caso, o feito de acceder á páxina web supón a aceptación das presentes condicións.

Para contactar con AXA SEGUROS, fágao a través dunha das canles dispoñibles neste apartado.

CONDICIÓNS XERAIS DE USO

I.- OBXECTO

A utilización da páxina web atribúe a condición de usuario desta. Con anterioridade á utilización do servizo, o Usuario debe ler atentamente as presentes Condicións xerais e a Política de protección de datos persoais.

O obxecto desta páxina web é recadar os datos necesarios do usuario para que AXA SEGUROS poida facilitar,  información sobre os produtos e servizos que pode contratar co Grupo AXA en España. A información contida nesta páxina web non está dirixida a quen a normativa vixente non lle permita adquirir, distribuír, comercializar ou ser suxeito pasivo dunha oferta de produtos deste tipo. Por isto, cómpre coñecer con carácter previo as condicións legais de adquisición, distribución ou comercialización dos produtos.

II.- IDENTIFICACIÓN DO USUARIO

Será Usuario deste microsite calquera persoa que acceda a este. A política de protección de datos e a política de cookies inclúen información co obxecto de que o Usuario estea debidamente informado no caso de que solicite que o contacten e preste o seu consentimento ás condicións establecidas na cláusula de Protección de datos para tal finalidade, segundo estableza nos distintos formularios.

III.- UTILIZACIÓN DO SERVIZO DE ACCESO

O Usuario comprométese a utilizar o servizo de acceso a Internet de boa fe, de maneira dilixente e axeitada, sen incorrer en actividades que poidan considerarse ilícitas ou ilegais, que infrinxan os dereitos do prestador de servizos ou de terceiros, cumprindo en todo momento coas regras de bo comportamento na rede e coas políticas de uso aceptables das redes frecuentadas, non facendo uso fraudulento da información nin dos contidos existentes nela.

Así mesmo, o Usuario comprométese expresamente a non levar a cabo ningunha conduta tendente a deteriorar ou sobrecargar o servizo e especialmente a evitar:

1. Destruír, alterar, inutilizar ou, de calquera outro xeito, danar os datos, programas ou documentos electrónicos do prestador de servizos ou de terceiros. Obstaculizar o acceso doutros Usuarios a Internet, así como realizar accións que danen, interrompan ou xeren erros no sistema de acceso.

2. O envío masivo de comunicacións comerciais por correo electrónico ou outro medio de comunicación electrónica equivalente a destinatarios que non solicitasen expresamente a súa remisión.

3. Tentar acceder, eliminar, copiar ou modificar as mensaxes de correo electrónico doutros usuarios.

4. Introducir programas, virus ou calquera outro dispositivo que cause ou sexa susceptible de causar calquera tipo de alteración ou prexuízo nos sistemas informáticos do prestador de servizos ou de terceiros.

O servizo prestado por AXA a través desta páxina é de carácter gratuíto e non existe compromiso por parte de AXA no mantemento continuado do servizo, reservándose a facultade de suspendelo ou finalizalo, parcial o totalmente, así como de modificar os contidos en calquera intre.

IV.- CONTRATACIÓN DE PRODUTOS

Cando para a contratación de produtos e/ou servizos se lle soliciten ao usuario os datos necesarios para a devandita contratación, infórmase de que cubrir tódolos datos persoais facilitados é voluntario pero necesario para levar a cabo a xestión solicitada, polo que o Usuario debe garantir a súa vixencia e veracidade.

V.- PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

O Usuario recoñece que non lle corresponden os dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre os gráficos, textos, plans, botóns e, con carácter xeral, toda a información contida nas páxinas ou sitio web aos que acceda e que a reprodución, carga, presentación, execución, transmisión, almacenamento, tradución, adaptación, arranxo ou distribución, xa sexa total, xa sexa parcial, realizados sen o consentimento e autorización expresa de AXA constitúen unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual e industrial.

AXA non concede ningunha licenza ou autorización de uso de ningunha clase sobre os seus dereitos de propiedade industrial e intelectual ou sobre calquera outra propiedade ou dereito relacionado coa páxina web, os servizos ou os contidos.

VI.- RESPONSABILIDADE POR DANOS E PERDAS

O Usuario responderá polos danos e perdas que puidese ocasionar a AXA ou a terceiros polo incumprimento e inobservancia das instrucións e as Condicións xerais de uso do servizo cando mediase dolo, culpa ou neglixencia.

VII.- CALIDADE DO SERVIZO E MEDIDAS DE SEGURIDADE.

AXA adoptou os niveis de seguridade e medios técnicos ao seu alcance para garantir a máxima confidencialidade da información e os datos persoais facilitados no acceso á web clientes.

Non obstante o anterior, o Usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade en Internet non son inexpugnables. O acceso a esta páxina non implica, por parte de AXA, o control de virus ou calquera outro elemento informático daniño.

Correspóndelle, en todo caso, ao Usuario a obriga de dispor de ferramentas axeitadas para a detección e, no seu caso, supresión, de tales elementos.

VIII.- RESPONSABILIDADE POLOS ENLACES INCLUÍDOS NA REDE

AXA non será responsable da información que lle dirixa ao cliente dos seus servizos a través dos enlaces ou links que puidesen existir, sempre que non teña coñecemento efectivo de que a actividade ou a información á que remiten ou recomendan os devanditos enlaces ou links é ilícita ou de que lesiona bens ou dereitos dun terceiro susceptibles de indemnización, ou se o ten actúe con dilixencia para suprimir ou inutilizar o enlace correspondente.

Os hipervínculos (links) a sitios do Grupo AXA e a terceiras partes dependen de cada sitio enlazado e os contidos de devanditas páxinas son responsabilidade da entidade titular deste. AXA non se fai responsable dos contidos dos sitios enlazados, nin garante que os devanditos sitios estean operativos en todo intre posto que non realiza comprobacións periódicas sobre o estado destes.

IX.- DENEGACIÓN DO ACCESO

AXA resérvase a facultade e o dereito de denegar ou retirar o acceso á páxina web en calquera intre a aqueles Usuarios que incumpran as Condicións xerais de uso do servizo ou as que, no seu caso, resultasen de aplicación, así como a aqueles que realicen un uso inadecuado do servizo.

X.- USO DOS CONTIDOS

A información facilitada a través desta páxina é de carácter orientativo, polo que a información ou rendibilidades dos produtos contratados que se proporcionen a través desta web nun preciso momento non son vinculantes, podendo variar en consultas futuras.

O Usuario obrígase a usar os Contidos de boa fe, de forma dilixente, correcta e lícita e, en particular, comprométese a absterse de:

(a) utilizar os Contidos con fins ou efectos contrarios á lei, á moral e aos bos costumes xeralmente aceptados, en especial ás normas de comportamento en Internet, ou á orde pública;

(b) reproducir ou copiar, distribuír, permitir o acceso do público a través de calquera modalidade de comunicación pública, transformar ou modificar os Contidos, a menos que se conte coa autorización do titular dos correspondentes dereitos ou isto resulte legalmente permitido;

(c) suprimir, eludir ou manipular o copyright e demais datos identificativos dos dereitos de AXA ou dos seus titulares incorporados aos contidos;

(d) empregar os contidos e, en particular, a información de calquera clase obtida a través da web ou dos servizos para remitir publicidade, comunicacións con fins de venda directa ou con calquera outra clase de finalidade comercial, mensaxes non solicitadas dirixidas a unha pluralidade de persoas con independencia da súa finalidade, así como a absterse de comercializar ou divulgar de calquera modo a devandita información.

XI.- EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E DE RESPONSABILIDADE

1.- Exclusión de garantías e de responsabilidade polo funcionamento do portal e dos servizos.

Dispoñibilidade e continuidade, utilidade e falibilidade.

AXA non garante a dispoñibilidade e continuidade do funcionamento da web e dos servizos. Cando isto sexa razoablemente posible, AXA advertirá previamente das interrupcións no funcionamento da web e dos servizos. AXA tampouco garante a utilidade da web e dos servizos para a realización de ningunha actividade en particular, nin a súa infalibilidade e, en particular, aínda que non de xeito exclusivo, que os Usuarios poidan efectivamente utilizar a web e os servizos, acceder ás distintas páxinas web ou a aquelas dende as que se prestan os servizos.

AXA NON SE RESPONSABILIZA POLOS DANOS E PERDAS DE TODA NATUREZA QUE POIDAN DEBERSE Á FALTA DE DISPOÑIBILIDADE OU DE CONTINUIDADE DO FUNCIONAMENTO DA WEB E DOS SERVIZOS, E EN PARTICULAR, AÍNDA QUE NON DE XEITO EXCLUSIVO, AOS FALLOS NO ACCESO ÁS DISTINTAS PÁXINAS WEB OU A AQUELAS DENDE AS QUE SE PRESTAN OS SERVIZOS.

Privacidade e seguridade na utilización da web e dos servizos.

AXA garante a privacidade e seguridade do sitio web e dos servizos que se ofrecen neste; porén, AXA non é responsable dos danos que se lles poidan ocasionar aos usuarios se se produce un acceso por parte de terceiros non autorizados e acceden ás condicións, características e circunstancias do uso que os Usuarios fan da web e dos servizos.

2.- Exclusión de garantías e de responsabilidade polos contidos. AXA non controla nin garante a ausencia de virus nin doutros elementos nos contidos que poidan producir alteracións no seu sistema informático (software e hardware) ou nos documentos electrónicos e dispoñibilidade e continuidade dos arquivos almacenados no seu sistema informático.

AXA NON SE RESPONSABILIZA POLOS DANOS E PERDAS DE TODA NATUREZA QUE POIDAN DEBERSE Á PRESENZA DE VIRUS OU Á PRESENZA DOUTROS ELEMENTOS NOS CONTIDOS QUE POIDAN PRODUCIR ALTERACIÓNS NO SISTEMA INFORMÁTICO, DOCUMENTOS ELECTRÓNICOS OU ARQUIVOS DOS USUARIOS.

3.- Exclusión de garantías e de responsabilidade polos servizos e contidos aloxados fóra da web. A web pon á disposición dos Usuarios dispositivos técnicos de enlace (tales como, entre outros, links, banners, botóns), directorios e ferramentas de busca que lles permiten aos Usuarios acceder a sitios web pertencentes a e/ou xestionados por terceiros (en diante, “Sitios enlazados”). A instalación destes enlaces, directorios e ferramentas de busca na web ten por único obxecto facilitarlles aos usuarios a busca e acceso á información dispoñible en Internet.

AXA non ofrece nin comercializa por si nin por medio de terceiro os produtos e servizos dispoñibles nos sitios enlazados. O Usuario, polo tanto, debe extremar a prudencia na valoración e utilización dos servizos, información, datos, arquivos, produtos e calquera clase de material existente nos sitios enlazados.

AXA NON GARANTE NIN ASUME NINGÚN TIPO DE RESPONSABILIDADE:

(A) POLOS DANOS E PERDAS DE TODA CLASE QUE POIDAN DEBERSE A INFORMACIÓN, DATOS, ARQUIVOS, PRODUTOS E CALQUERA CLASE DE MATERIAL EXISTENTE NOS SITIOS ENLAZADOS.

(B) POLO FUNCIONAMENTO, DISPOÑIBILIDADE, ACCESIBILIDADE OU CONTINUIDADE DOS SITIOS ENLAZADOS; (C) POLO MANTEMENTO DOS SERVIZOS, CONTIDOS, INFORMACIÓN, DATOS, ARQUIVOS, PRODUTOS E CALQUERA CLASE DE MATERIAL EXISTENTE NOS SITIOS ENLAZADOS; (D) POLA PRESTACIÓN OU TRANSMISIÓN DOS SERVIZOS, CONTIDOS, INFORMACIÓN, DATOS, ARQUIVOS, PRODUTOS E CALQUERA CLASE DE MATERIAL EXISTENTE NOS SITIOS ENLAZADOS; (E) POLA CALIDADE, LICITUDE, FIABILIDADE E UTILIDADE DOS SERVIZOS, CONTIDOS,

XIII.- DURACIÓN DA PRESTACIÓN DO SERVIZO

A prestación do servizo terá, en principio, carácter indefinido. Calquera modificación posterior do contido deste Aviso legal publicarase por este mesmo medio. Os cambios que se fagan por cuestións legais entrarán en vigor de maneira inmediata.