El precio de tu seguro en menos de 5 minutos
Podrás calcular tu seguro de forma personalizada a través de un agente. Teléfono exclusivo para contratar.
Localiza tu oficina AXA más cercana. Tienes 2500 a tu disposición
Vehículos clásicos
O seguro de coche de AXA adáptase a calquera tipo de automóbil. Coidamos do teu vehículo clásico co mellor servizo para ti e para o teu coche.
- Responsabilidade civil
- Accidentes persoais
- Protección xurídica
Que garantías podes engadir?
Ampliación asistencia en viaxe
Inclúe asistencia para ti e o teu vehículo dende o quilómetro cero
Rotura de vidros
Inclúe a reparación ou reposición dos vidros, co límite máximo de pagamento por sinistro de 150 €
Danos propios
Cubrímosche os pequenos danos propios no vehículo sempre que asumas ao menos o 50% do custo da reparación...
Devolución do vehículo ao domicilio
Devolvémosche o vehículo ao teu domicilio unha vez se reparase tras un accidente ou avaría. Este servizo teralo...
Asistencia en viaxe
24 horas ao día, tódolos día do ano
Se o guindastre de asistencia na estrada tarda máis de 60 minutos, compensámoste con 60 €.
Antigüidade
O teu coche ou furgoneta debe ter máis de 25 anos de antigüidade
Matrícula histórica
Debe ter matrícula histórica
Se non tes matrícula histórica
Se non tes matrícula histórica, a matrícula do teu vehículo debe ter máis de 40 anos
- Documento de información sobre vehículos clásicos PDF (938KB)
- Nota informativa Coche seguro PDF (60KB)
Estamos aquí para resolver calquera dúbida
Que se asegura?
Responsabilidade civil obrigatoria e voluntaria
Asistencia na estrada básica
Protección xurídica do contratante, condutor e/ou propietario.
− Defensa penal e fianzas.
− Reclamación de danos.
Accidentes persoais do condutor.
− Capital en caso de falecemento, segundo capital contratado
− Capital en caso de invalidez, segundo capital contratado
− Gastos de asistencia sanitaria.
Onde estou cuberto?
As garantías básicas contratadas, agás a de asistencia en viaxe, producen efecto en: Tódolos países que integran o Espazo Económico Europeo; tódolos estados adheridos ao Convenio Multilateral de Garantía (Alemaña, Andorra, Austria, Bélxica, República Checa, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Francia, Finlandia, Gran Bretaña e Irlanda do Norte, Irlanda, Grecia, Holanda, Hungría, Islandia, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Polonia, Portugal, Suecia e Suíza). A cobertura esténdese aos estados adheridos ao Convenio Inter-Bureaux, para o cal hai que solicitar previamente o certificado internacional de seguro “Carta Verde”.
A garantía de asistencia en viaxe produce efecto:
Respecto ás prestacións a persoas, en todo o mundo
Respecto ás prestacións do vehículo, en Europa e países limítrofes do Mediterráneo
Cales son as miñas obrigas?
Durante a vixencia do contrato de seguro debes informarnos por escrito de calquera modificación da información que che solicitamos ao contratar o seguro, así como da existencia doutros seguros que garantan algunha das prestacións deste contrato.
En caso de accidente:
Debes comunicárnolo á maior brevidade, dentro do prazo máximo de sete días, facilitando toda clase de información sobre as circunstancias e consecuencias
Debes empregar tódolos medios ao teu alcance para minorar os resultados do accidente.
Cando comeza e finaliza a cobertura?
A entrada en vigor do contrato comezará e finalizará, agás prórroga, na data e hora indicadas nas condicións particulares, sempre que se aboase o primeiro recibo.