Seguro de quad

Goza ao máximo do teu quad coa tranquilidade de saber que contas coa maior protección. Co seguro de quad AXA, ademais da responsabilidade civil obrigatoria, tes á túa disposición un amplo abano de garantías opcionais para personalizalo ás túas necesidades.

  • Responsabilidade civil
  • Accidentes persoais do condutor
  • Protección xurídica

Invalidez progresiva

Pensando sempre no mellor para ti

En caso de invalidez a causa dun accidente cuberto en póliza, multiplicarémosche o capital contratado en función do grao de incapacidade ata un máximo dun 225%

Danos ao casco

Escolle a mellor protección para ti

Garantimos a reposición ou reparación dos danos do casco do condutor asegurado a causa de accidente.

Estes documentos poden ser de grande axuda

Estamos aquí para resolver calquera dúbida

Que se asegura?

Inclúe as seguintes garantías: responsabilidade civil obrigatoria, responsabilidade civil voluntaria e  protección xurídica.

 Protección xurídica:

  • Defensa penal e finanzas
  • Defensa de infraccións administrativas de tráfico
  • Reclamación de danos
  • Asesoramento xurídico telefónico

Accidentes persoais do condutor:

  • Capital de falecemento, ata o capital contratado
  • Capital de invalidez, ata o capital contratado
  • Gastos de asistencia sanitaria

Onde estou cuberto?

As garantías básicas contratadas, agás a de asistencia en viaxe, producen efecto en:

Tódolos países que integran o Espazo Económico Europeo; tódolos estados adheridos ao Convenio Multilateral de Garantía (Alemaña, Andorra, Austria, Bélxica, República Checa, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Francia, Finlandia, Gran Bretaña e Irlanda do Norte, Irlanda, Grecia, Holanda, Hungría, Islandia, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Polonia, Portugal, Suecia e Suíza). A cobertura esténdese aos estados adheridos ao Convenio Inter-Bureaux, para o cal hai que solicitar previamente o certificado internacional de seguro “Carta Verde”.

As garantías opcionais, España.

A garantía de asistencia en viaxe produce efecto:

  • Respecto ás prestacións a persoas, en todo o mundo.
  • Respecto ás prestacións do vehículo, en Europa e países limítrofes do Mediterráneo

Cales son as miñas obrigas?

Durante a vixencia do contrato de seguro debe informarnos por escrito de calquera modificación da información que lle solicitamos ao contratar o seguro, así como da existencia doutros seguros que garantan algunha das prestacións deste contrato.

En caso de accidente:

  • Debe comunicárnolo á maior brevidade, dentro do prazo máximo de sete días, facilitando toda clase de información sobre as circunstancias e consecuencias.
  • Debe empregar tódolos medios ao seu alcance para minorar os resultados do accidente 

Cando comeza e finaliza a cobertura?

A entrada en vigor do contrato comezará e finalizará, agás prórroga, na data e hora indicadas nas condicións particulares, sempre que se aboase o primeiro recibo.

Solicita más información

Déjanos tus datos y te ofreceremos una información personalizada sobre nuestro Seguro de Quad
Por favor, introduce un nome válido
Por favor, indica o primeiro apelido
Por favor, introduce un dni válido
Por favor, introduce un teléfono válido
Por favor, introduce un email válido
Por favor, introduce un código postal válido
Por favor, introduce un horario válido
Por favor, introduce as túas observacións correctamente

Precisas axuda?

En AXA sempre estamos dispoñibles para ti, por iso che ofrecemos diferentes canles para contactar connosco.

CHÁMANOS

Os termos expresados nesta web están supeditados ás condicións xerais e particulares de aplicación destes seguros así como á modalidade de seguro contratada e a que o contrato estea ao corrente de pagamento.