Una chica mirando un móvil y sonriendo
Descubre a nova app MyAXA VER VÍDEO
MyAXA app, todo na túa man!

Actualiza a túa app MyAXA ou descárgaa hoxe mesmo

Coñece as novidades

Estamos aquí para resolver calquera dúbida

Como a instalo por primeira vez?

Se é a primeira vez que vas usar a app, benvido a MyAXA! Podes descargar a nosa app dende App Store para IOS ou dende Google Play para Android. Tamén podes descargar a nosa app dende os enlaces aos stores que atoparás nesta páxina.

Son cliente novo de AXA e quero rexistrarme na app, como o fago?

Unha vez instalada, abre a app MyAXA e preme o botón “A MIÑA CONTA”. Preme o enlace “REXÍSTRATE” que atoparás na parte inferior da pantalla e sigue os seguintes pasos:

Paso 1: Introduce o teu NIF/NIE/CIF.
Paso 2: Introduce un contrasinal temporal que recibirás por email. Se non o recibes por email, volve premer o enlace “Non recibín o meu código de verificación” e chegarache un novo código por SMS para poder continuar.
Paso 3: Crea o teu novo contrasinal seguindo as recomendacións de seguridade.

Unha vez completes todos estes pasos, recomendámosche que actives a autenticación biométrica para protexer o acceso á túa área privada coa túa impresión dixital ou co recoñecemento facial. Xa estás listo para usar MyAXA!

 

Xa son cliente de AXA e quero comezar a usar a app, que fago?

Se es cliente de AXA, pero non utilizaches xamais a app, podes descargar directamente MyAXA app e introducir os teus datos de NIF/NIE/CIF e contrasinal como se entrases en MyAXA Web e preme “ACCEDER”.

Xa teño instalada a versión anterior, como a actualizo?

Podes actualizar a túa app directamente dende a túa App Store ou Google Play no apartado de “Actualizacións”. Para non perder nada, asegúrate de ter activada a opción: Actualizar automaticamente.

Esquecín o meu contrasinal, como o recupero?

Se esqueciches o teu contrasinal para entrar na app, preme o enlace “ESQUECÍN O MEU CONTRASINAL” que atoparás na parte inferior da pantalla e sigue os seguintes pasos:

Paso 1: Introduce o teu NIF/NIE/CIF.
Paso 2: Introduce un contrasinal temporal que recibirás por email. Se non o recibes por email, volve premer o enlace “Non recibín o meu código de verificación” e recibirás un novo código por SMS para poder continuar.
Paso 3: Crea o teu novo contrasinal seguindo as recomendacións de seguridade.

Unha vez completes todos estes pasos, recomendámosche que actives a autenticación biométrica para proteger o acceso á túa área privada coa túa impresión dixital ou co recoñecemento facial. Xa estás listo para usar MyAXA!

 

Teño problemas coa instalación, como contacto con AXA?

Se tes calquera problema co teu contrasinal temporal, dúbidas ou suxestións relacionadas coa app, podes contactar connosco a través do correo atencion.clientes@axa.es. Tentaremos resolver as túas dúbidas na maior brevidade.

E lembra: se o teu terminal non é compatible, e queres acceder a toda a información da túa póliza, podes entrar en MyAXA Web.

 

Aínda non tes MyAXA app?
Actualiza a túa app MyAXA ou descárgaa hoxe mesmo. Lembra que tamén podes acceder á túa área cliente dende MyAXA web.
Chico mirando un móvil