Talleres AXA Calidade, preto de ti

Esteas onde esteas, grazas á ampla cobertura nacional, sempre terás un Taller AXA Calidade para ofrecerche os mellores servizos. Ademais, se aínda non declaraches o sinistro por danos aparcamento sen contrario, rotura de vidros, pedrazo e roubo, poderás facelo nun dos nosos talleres co servizo de Declaración de sinistro no taller.

Carrozaría

Pensando en ti

Para que dispoñas do vehículo o antes posible, comprometémonos a avaliar os danos nun día. Repararemos o coche no menor tempo posible e saberás sempre canto tardaremos.

Sinxeleza

Se non podes ir ao taller, nos talleres ocuparanse de todo. Recolleranche o vehículo e entregarancho onde lles indiques de maneira gratuíta. Ademais, para que a túa vida non pare, ofreceranche tódalas opcións de mobilidade mentres reparan o teu vehículo

A túa seguridade é o primeiro

Estamos comprometidos coa túa seguridade, por ese motivo, ademais de garantir a calidade da reparación, facemos unha revisión dos principais elementos de seguridade.

Vidros

O teu tempo é ouro

Reparación de impactos en 40 minutos dende a chegada do operario.

Solucións inmediatas

Se o teu modelo non está dispoñible, ofrecémosche ao momento unha solución con plexiglass para que poidas seguir circulando.

Desprazámonos por ti

Se non podes vir ao taller, desprazámonos cun taller móbil onde nos indiques*.

Agora podes reservar a túa cita nun taller AXA Calidade Vidros de xeito inmediato

imagen talleres

TALLER AXA CALIDADE

Talleres AXA

En menos de 5 minutos, chamámoste gratuitamente para xestionar a túa cita nun dos nosos talleres.

Precisas declarar un sinistro?

Contámosche que facer ante un sinistro. Podes declarar un parte online, pola app ou facer un parte amigable.

DECLARAR SINISTRO

*Este servizo non está dispoñible en illas menores, Ceuta nin Melilla, onde poderá acudir a un Taller AXA Calidade Vidros.