Outros servizos de saúde

Segunda opinión médica

Facilitámosche a obtención dun informe de avaliación en caso de que che diagnostiquen algunha doenza grave ou fronte a situacións de alta complexidade médica. O informe realizarase a distancia, por parte de expertos médicos do máximo prestixio internacional seleccionados pola compañía e sen necesidade de desprazarte. Para utilizar este servizo, cómpre que nos achegues o teu historial médico e o correspondente primeiro diagnóstico efectuado polos médicos que te atendesen. Ademais, poñemos á túa disposición un consultor que te axudará en todo o proceso e, se posteriormente o precisas, terás acceso a acordos especiais en prestixiosos centros médicos de EE.UU. con prezos preferentes.

Solicítaa aquí:

Como podo contactar con AXA saúde?

Asistencia en viaxe

En caso de sufrir un contratempo durante unha viaxe, ofrecémosche o servizo de asistencia en viaxe para os asegurados desprazados da súa residencia en España por viaxes que non excedan de 60 días.


Que che ofrecemos no estranxeiro? Repatriación sanitaria por doenza, accidente ou falecemento, así como os gastos médicos, cirúrxicos, farmacéuticos e de hospitalización, tendo en conta o límite establecido nas condicións particulares da túa póliza, o regreso anticipado do asegurado por falecemento dun familiar, a defensa legal, a localización e envío da equipaxe, entre outros servizos.

Contacta connosco se o precisas as 24 horas do día

Psicoloxía

Adicionalmente ao servizo de orientación psicolóxica que tes dispoñible a través do teu médico online, contas con consultas de psicoloxía a través de reembolso de gastos, sempre que as realicen membros dos colexios oficiais de psicoloxía, co límite establecido na túa póliza.

Consulta os psicólogos que teñen un acordo connosco e que che ofrecerán un prezo especial ou, se o prefires, podes acudir libremente a calquera especialista.

Cirurxía refractiva láser

Ofrecémosche a posibilidade de corrixirche a miopía con láser excimer LASIK a partir de 6 dioptrías e, para astigmatismo e hipermetropía, a partir de 4 dioptrías no ollo de maior graduación. No caso de que a túa graduación sexa inferior, como asegurado de saúde de AXA, ofrecémosche prezos especiais, incluíndo a cobertura do preoperatorio e, se fose necesaria, a reintervención dentro do prezo inicial nunha ampla gama de centros.

p>Consulta o especialista máis próximo de cirurxía refractiva láser no cadro médico.

Ingresos por trastornos alimentarios en centros ITA

Como asegurado de saúde ofrecémosche o ingreso en réxime de hospitalización e hospital de día no centro ITA de Barcelona (Instituto de Trastornos Alimentarios), causado por trastornos da conduta alimentaria. Será necesaria prescrición dun facultativo e ofrecerase por un período máximo de 60 días ao ano.

Medicina complementaria

Incluímosche as seguintes terapias complementarias: consultas de homeopatía, tratamentos de acupuntura, ozonoterapia (para o tratamento da dor), entre outros, reembolsándoche ata o 80% do importe dos gastos, aplicándose os límites das visitas de medicina xeral.

Consulta os centros concertados na especialidade de “Medicina complementaria” ou, se o prefires, podes acudir libremente a calquera especialista.

Acordo exclusivo coa Clínica Universidad de Navarra

Incluímosche os servizos de consultas, medios diagnósticos e hospitalización na Clínica Universidad de Navarra de Av. Pío XII, 36 de Pamplona.

Servizos exclusivos para o embarazo e o posparto:

Fertilidade e reprodución asistida

Incluímosche o estudo, diagnóstico (coas probas complementarias habituais e protocolizadas) e tratamento da infertilidade da parella, ata o límite de 2 intentos de inseminación artificial e un intento de fecundación in vitro, incluída a ICSI (microinxección espermática) en caso de ser necesaria, nos centros concertados. Consulta os centros na especialidade de “centros de reprodución asistida": cadro médico

 

Conservación das células nai do cordón umbilical

Se estás embarazada posiblemente pensases en conxelar as células do cordón umbilical dos teus neonatos, por isto, en AXA ofrecémosche un servizo exclusivo a través dos centros seleccionados. Consulta máis información aquí

 

Asistencia posparto a domicilio

Tras dar a luz, ofrecémosche o servizo de matronas a domicilio, que te acompañarán na resolución das dúbidas durante este novo proceso. Contacta co noso equipo médico se o precisas.

Os termos expresados nesta web están supeditados ás condicións xerais e particulares de aplicación destes seguros así como á modalidade de seguro contratada e a que o contrato estea ao corrente de pagamento.