Coberturas incluídas

Responsabilidade civil obrigatoria e voluntaria

Ademais da responsabilidade civil de subscrición obrigatoria, cubrimos:

• A responsabilidade civil de subscrición voluntaria ata 50 millóns de euros por sinistro.

• A responsabilidade civil que poida exixirselle ao asegurado por:
    O transporte dunha botella doméstica de butano
    A circulación nos recintos interiores de portos e aeroportos

Protección xurídica

Cobre a defensa penal do Asegurado como condutor da moto e de calquera condutor autorizado por aquel  en caso de accidente de circulación, nos procedementos penais seguidos contra el por faltas ou delitos

Accidentes persoais

Como condutor, cubrimos os gastos sanitarios en centros concertados para a túa máxima recuperación. Ademais, está incluída a primeira adquisición de próteses ou lentes.


Si se desexa, está a posibilidade de ampliar ata 30.000 € en caso de falecemento ou invalidez. 

Asistencia en viaxe

Cobre la asistencia na estrada, nun raio de 50 km ao redor da residencia habitual do asegurado. En caso de accidente e/ou avaría inclúe picadas, falta de aire nas rodas e falta de combustible.