Servizo de teleasistencia no fogar

É un servizo de apoio personalizado a persoas maiores ou dependentes que pon á súa disposición un servizo de atención telefónica permanente, accesible mediante un dispositivo conectado as 24 horas do día, tódolos días do ano. Un aliado que garante a asistencia ante situacións de emerxencia, inseguridade, soidade e illamento, e lles permite solicitar axuda en caso de urxencia tan só premendo un botón, dende o seu propio domicilio.

O servizo de teleasistencia está dispoñible para os seguros do fogar que teñan incluída a cobertura de 'Asistencia no fogar'

A teleasistencia non ten ningún custo para o asegurado. O único desembolso que deberá realizar é o depósito que o provedor do servizo ASISPA lle solicitará e que se lle reembolsará cando cese o servizo e se lle devolva o dispositivo sen danos ao provedor. Este depósito inicial é de 40 €.

 

Quen se pode beneficiar?

As persoas empadroadas no fogar asegurado

Maiores de 65 anos

Que dispoñan dun informe médico no que se recomende a conveniencia do servizo

Persoas de entre 50 e 65 anos

Que acrediten unha situación de dependencia mediante documentos oficiais