O meu fogar

Incidentes na instalación eléctrica

Para evitar este tipo de situacións hai que ter en conta algunhas recomendacións:

  • Revisa periodicamente a instalación eléctrica da túa vivenda, para garantir que se atopa en bo estado e previr posibles derivacións.
  • Utiliza fusibles axeitados para o sistema eléctrico instalado. Non substitúas xamais un fusible cun arame, a maioría dos incendios con orixe eléctrica prodúcense por esta causa.
  • Para desenchufar un aparello, non tires xamais do cordón senón da caravilla illante.
  • Na cociña, procura utilizar os aparellos eléctricos lonxe do vertedoiro.
  • Se un aparellos está derivado e dá corrente, desenchúfao inmediatamente e chama a un técnico.
  • Se non tes os coñecementos suficientes sobre riscos eléctricos, non trates de reparar os equipos eléctricos.
  • Non realices reparacións sen cortar a corrente nun automático.
  • Antes de limpar ou reparar un aparello, desconéctao.
  • Para cambiar unha lámpada, cortar o interruptor non é suficiente.
  • Non utilices aparellos eléctricos coas mans molladas ou os pés na auga.
  • Non abuses dos prolongadores e non os deixes enchufados sen un equipo conectado.

Prevención de dano por vento e fortes chuvias

Aconsellámosche adoptar unha serie de medidas que axuden a previr posibles danos:

  • Verificar as condicións meteorolóxicas.
  • Pechar e asegurar portas, fiestras e toldos.
  • Retirar todos aqueles obxectos que poidan caer á rúa e provocar accidentes, que nalgúns casos poden ser graves.
  • Afastarte de cornixas, muros ou árbores con risco de caída e adoptar precaucións diante de edificacións en construción ou en mal estado.
  • Evitar, en zonas próximas a praias, aqueles lugares que poidan verse afectados polas mareas e poidan arrastrar obxectos e persoas.
  • Suxerímosche evitar os desprazamentos pola estrada e, en caso de resultar necesarios, extremar as precaucións.

Filtracións no tellado

Para evitar filtracións de auga polos tellados, o máis importante é:

  • Afastar as pólas de árbores próximas á vivenda. Estas poden causar non só fisuras, senón tamén gretas e filtracións de auga.
  • Tamén é común a aparición de fungos en períodos de moita humidade. Reprodúcense con facilidade e, pouco a pouco, van deteriorando a tella e facendo que haxa fendas polas que se filtre a auga de chuvia. Inspeccionar periodicamente a cuberta evitaría este tipo de situacións.
  • Instalacións de antenas perforando a cuberta da vivenda. Sempre hai que contratar os servizos de profesionais especialistas neste tipo de instalacións.
  • Tellas levantadas polo vento e nunha posición incorrecta. Para evitalo, é importante revisar periodicamente o estado de conservación e a súa correcta colocación no teu aloxamento.
  • Evitar a sucidade, a acumulación de follas, etc. nos desaugadoiros, xa que provocan a súa obstrución.
  • Revisar a acumulación de neve nos ocos de ventilación da cuberta.
  • Instalar adecuadamente as máquinas de aire acondicionado.

Roubos en domicilios

A continuación atoparás uns consellos para previr o roubo no teu domicilio:

  • Pecha a porta sempre utilizando a chave, non só co pasador de golpe, posto que así pode abrirse facilmente.
  • Instala na túa vivenda unha porta blindada. Se a túa porta non é blindada, procura que teña, polo menos, dous puntos de peche, e que non exista oco entre a porta e o chan. Reforza a parte das bisagras con pivotes de aceiro e ángulos metálicos que impidan apancar a porta. Instala miras panorámicas.
  • Valora a posibilidade de instalar dispositivos electrónicos de alarma.
  • Asegura as fiestras dos sotos con reixas.
  • Se vives fóra do casco urbano, unha boa iluminación exterior e un can, convenientemente adestrado, son útiles medidas de disuasión.
  • Non durmas coas fiestras abertas se non contas con medidas de seguridade.
  • Deixa roupa tendida en caso de ausencias que non sexan moi prolongadas.
  • Ante a presenza de marcas nas portas ou portais, ou ruídos non habituais en casas desocupadas, avisa o Corpo de Seguridade competente na zona.
  • Se ves unha lámpada cortada, unha fiestra rota ou unha porta entreaberta, non entres. Chama a policía.
  • Non abras mediante o porteiro automático a descoñecidos. Comprometes a túa seguridade e a dos teus veciños. Os vendedores, obreiros de servizos de auga, electricidade, gas teñen a obriga de acreditarse e podes verificalo telefonicamente. Se na tarxeta do empregado figura un número que non é o oficial, desconfía.
  • Non deixes xamais as chaves agochadas na caixa do correo, testos, caixa de contadores, etc., xa que os ladróns poden localizalas con relativa facilidade.
  • Se o piso se lle mercou a outro propietario, ou se é de nova construción, perdeu as chaves ou subtraéronllas, é aconsellable cambiar o bombín da fechadura.

Se te ausentas do teu domicilio durante un período prolongado:

  • Comproba que portas e fiestras están ben pechadas.
  • Non baixes totalmente as persianas.
  • Non deixes obxectos de valor nin cartos. E se non hai máis remedio, lembra mantelos nun lugar seguro.
  • Fai unha relación detallada de cámaras, vídeos e doutros aparellos cos seus números de serie para facilitar a súa identificación. Fotografía xoias e obxectos de valor.
  • Non divulgues a túa ausencia.
  • Non deixes sinais visibles de que a túa vivenda está desocupada.
  • Non desconectes totalmente a electricidade. O timbre da porta desconectado é un indicio de ausencia.
  • Comunícalles só aos máis achegados onde poden localizarte.
  • Pídelle a un veciño ou persoa de confianza que recolla o correo da caixa do correo, comprobe o estado da vivenda, acenda ocasionalmente algunha luz, conecte a radio ou o televisor, etc.

Os meus vehículos

Roubos de vehículos e no interior destes

Desafortunadamente, os roubos de vehículos e de obxectos nestes son moi frecuentes. Aquí podes atopar uns consellos para previlos:

  • Comproba que as portas e o maleteiro quedan ben pechados e os vidros subidos cando baixes do coche.
  • Non deixes obxectos de valor á vista.
  • Aparca o teu vehículo en zonas ben iluminadas e, a ser posible, transitadas.
  • Se aparcas nun garaxe comunitario, espera a que a porta quede pechada, deste modo evitamos a entrada de persoas alleas á comunidade.
  • Coloca algún dispositivo visible de seguridade.
  • Xamais deixes as chaves do teu domicilio no interior do vehículo.
  • Sé discreto cando poñas obxectos no maleteiro.
  • Se tes instalado un aparello de radio extraíble, retira a carcasa cada vez que te ausentes do vehículo.
  • Viaxa coas portas bloqueadas, os semáforos son os lugares perfectos para que che poidan subtraer o bolso ou outros obxectos dos asentos ou maleteiro.
  • Se, a pesar de tódalas precaucións, che subtraen o vehículo ou os obxectos do seu interior, non toques o coche e acude á comisaría de policía a denunciar o feito e sigue os consellos dos técnicos policiais.

Que facer en caso de accidente de circulación?

Momento do sinistro: tiveches un sinistro? Sabes como actuar? Nós axudámoste

  • No caso de existir algún lesionado avisa as autoridades ou servizos de asistencia médica (chama ao 112).
  • Utiliza o parte amigable (podes descargalo no apartado "Parte do Sinistro – Parte amigable") para anotar os datos relacionados co accidente (data, lugar de acaecemento, datos de testemuñas, etc.), así como os datos de tódolos intervenientes (matrícula, marca e modelo, compañía de seguros e nº de póliza, nome, domicilio e teléfono do condutor...).
  • Asegúrate de marcar correctamente as casas de circunstancias e de que o condutor contrario marcase tamén as súas.
  • Debuxa un esbozo que estableza as circunstancias do sinistro.
  • Asina o parte amigable só se estás plenamente conforme coa totalidade dos feitos descritos neste.
  • Non modifiques nada unha vez separadas as copias, en caso de ter que realizar algunha aclaración podes facelo no reverso.
  • Comunícalle e envíalle o parte o antes posible a AXA . Podes facelo a través da web cliente (clientes.axa.es) accedendo ao apartado "Parte do sinistro - Dar un parte pola web" ou ben a través do teu axente.

Que información preciso recoller. Cada sinistro é distinto. Consulta que tipo de información debes facilitarnos para a correcta xestión do teu sinistro

  • Data de sinistro.
  • Lugar de acaecemento.
  • Versión dos feitos: dispor do parte amigable asinado permitiranos acelerar a xestión do teu sinistro. Podes contactar connosco no apartado "Parte do sinistro - Dar un parte pola web", a través da túa axencia ou nos teléfonos 24 horas 900 90 90 72 / 91 807 00 50.
  • Vehículo asegurado: matrícula e danos.
  • No caso de existir contrario: matrícula, marca e modelo, compañía de seguros e nº de póliza, datos do condutor (nome, enderezo e teléfono) e danos. Se existe máis dun contrario, debes encher un parte con cada un deles, deixando identificado en cada parte amigable a existencia de tódolos vehículos implicados.
  • AXA pon á túa disposición a nosa rede de talleres para a reparación do teu vehículo. Podes localizar o teu taller AXA Calidade máis próximo e consultar as vantaxes que che ofrecen estes no Centro de sinistros desta mesma web.

Xestión do teu sinistro. Quizais precises reparar o teu coche ou che roubasen algo. Calquera que sexa o teu sinistro, informámoste das xestións a realizar:

Danos propios sen contrario / Danos por roubo / Incendio / Vidros

  • Se aínda non encargaches peritaxe para o teu vehículo, debes contactar con AXA. Podemos ofrecerche a nosa rede de talleres AXA Calidade.
  • Unha vez valorados os danos do teu vehículo, daráselle a orde de pagamento ao taller (se estes corresponden ao sinistro declarado e non se considerasen Perda total) para reparar os danos sen que ti teñas que ocuparte de nada, nin adiantar o importe da reparación.
  • E se non quedas satisfeito coa reparación, ofrecémosche unha solución personalizada en calquera dos talleres da nosa rede a nivel nacional.
  • No caso de danos por roubo, debes denunciar ante a autoridade competente o intento de roubo do teu vehículo, facendo constar os danos causados neste e/ou pezas ou accesorios subtraídos. Unha vez realizada a denuncia debes enviárnola. Se aínda non o fixeches, podes remitila a través do apartado "Parte do sinistro - Dar un parte pola Web".

Roubo total

  • Debes denunciar ante a autoridade competente a subtracción do teu vehículo e remitirnos a copia da denuncia a través do apartado "Queres darnos un parte?". Se o teu vehículo está equipado cun sistema de localización, debes contactar coa empresa correspondente para informalos da subtracción.
  • Se no prazo de 30 días dende a notificación do roubo o teu vehículo non se recuperou, poderá tramitarse a indemnización unha vez que nos remitas a documentación necesaria (sempre que teñas contratada a garantía de roubo) que che achegaremos por correo certificado.
  • Que tes que facer se recuperas o vehículo? Debes comunicárnolo o antes posible achegando a acta policial de recuperación ou a súa comparecencia retirando a denuncia de roubo. Este documento debes enviárnolo a través do apartado "Queres darnos un parte?".
  • Se o vehículo presentase danos, podemos ofrecerche

En tódolos casos podes realizar o seguimento do teu sinistro no Centro de sinistros / Consulta de sinistros da web cliente (clientes.axa.es).

AXA acompáñate. Aínda que a xestión do sinistro estea rematada, podes contar con AXA

  • AXA segue a acompañarte en todo aquilo que precises: novos produtos ou servizos.
  • Xa sexa a través do teu mediador de seguros, quen te asesorará persoal e eficazmente sobre todas aquelas necesidades aseguradoras, ou a través da nosa web onde tes toda a información referente aos produtos e servizos que tes á túa disposición.
  • Lembra tamén que, a través da web clientes (clientes.axa.es), non só podes tramitar o teu sinistro senón que tamén podes consultar outra información referente aos seguros contratados: pirámide patrimonial, centro de saúde AXA, certificados fiscais, recibos, contratos...
  • E aínda hai máis. Se o desexas, dispós do servizo "AXA Contigo" onde a través de teléfonos smartphone (iPhone e teléfonos con sistema Android) podes declarar sinistros de auto, fogar, comercio, comunidades e oficinas.

Circulación con alerta por fortes nevadas

Aconsellámosche que evites os desprazamentos pola estrada se non é estritamente necesario. En caso de non poder evitalo, indicámosche algunhas recomendacións:

  • Non esquezas levar o teléfono móbil cargado.
  • Consulta as previsións meteorolóxicas oficiais.
  • Leva contigo unhas mantas e mantén o depósito do teu vehículo cheo.

Incendios Auto

Para evitar este tipo de incendios, recompilamos uns consellos básicos para previr, minimizar e evitar estas situacións:

  • Pasar as revisións oficiais, ITV, no prazo correspondente segundo o tipo de vehículo e a súa antigüidade.
  • Mantemento periódico e axeitado do vehículo, segundo as recomendacións dos fabricantes, dependendo da quilometraxe ou o tempo, a antigüidade do vehículo, o tipo de condución e a utilización deste.
  • De acordo coa información da Asociación Nacional para a Protección de Incendios, só o 3% destes incidentes son consecuencia dun choque e estes débense xeralmente ao combustible derramado ou o uso incorrecto de sinais luminosos.
  • Revisar que non haxa algunha perda de enlaces ou cables soltos, algo que pode acaecer despois de saír dun taller mecánico.
  • Estar alerta ante filtracións de líquidos debaixo do vehículo. Pode ser por mangueiras rotas ou agretadas ou por cambios bruscos de temperatura do motor. Levalo ao mecánico o máis pronto posible.
  • Revisar os indicadores do cadro de control do vehículo, sobre todo o da temperatura.

Atropelo de animais

É conveniente adoptar unhas medidas preventivas para garantir unha condución segura e reaccionar ante os imprevistos na circulación:

  • Estar atento aos sinais de tráfico que nos alertan de perigo polo paso de animais.
  • Circular a unha velocidade axeitada ás circunstancias da vía.
  • No caso de observar que un animal irrompe na calzada, frear con firmeza, evitando dar un golpe de volante. (Para impedir saírnos da calzada e colidir con outros vehículos). É preferible colidir co animal coa parte frontal do vehículo que tratar de evitalo e invadir o carril contrario, ou mesmo provocar unha saída da vía.
  • Esta norma xeral tería unha excepción nos casos nos que conducimos un pequeno utilitario con contorno frontal inclinado ou corto, xa que nestes casos a colisión cun animal de grandes dimensións podería traer consecuencias graves para os ocupantes do vehículo.
  • Circular coa máxima atención ao amencer, luscofusco e en circunstancias atmosféricas adversas.
  • Ter presente que moitos animais se moven en manda, polo que é posible que non vaian sós.
  • En caso de non poder evitar o sinistro, e pola túa seguridade, sinalizar o lugar do accidente.
  • Unha vez producido o sinistro, avisar a autoridade competente para que verifique in situ as circunstancias do sinistro (tipo de animal, tipo de vía, couto, propietario do animal doméstico causante do dano, etc).

O meu negocio

Como evitar danos eléctricos ou incendios no teu negocio?

  • Revisa a instalación: debes preocuparte se as luces diminúen a súa intensidade ou escintilan cando hai un artefacto conectado ou se os fusibles se queiman en forma continua.
  • Mantén os cables eléctricos lonxe de superficies quentes.
  • Hai que ter en conta que os cables eléctricos en mal estado - vellos, queimados, pelados, expostos á intemperie- son unha seria ameaza de accidente.
  • Ter disxuntores (interruptores automáticos) de corrente é a mellor prevención, fronte a un curtocircuíto saltará a chave e cortará a corrente
  • Antes de pechar o negocio, revisar que tódolos artefactos eléctricos estean desconectados.
  • Almacenar e manexar coidadosamente os produtos inflamables, facer caso ás indicacións dos fabricantes e á normativa vixente.
  • Ter un manual contraincendios que coñezan os empregados para saber como deben actuar en caso de sinistro

Como evitar incidentes de danos por auga no teu negocio?

  • Tenta manter os desaugadoiros limpos e, aos primeiros síntomas de obstrución, procede a desatascalos.
  • Limpa os canos con materiais non abrasivos xa que poden danalos.
  • Controla que non se boten ao inodoro restos de comida, cabichas, obxectos de hixiene persoal.
  • Revisa e limpa periodicamente o bote sifónico.
  • Protexe con filtros os sumidoiros dos desaugadoiros.
  • Pecha a chave xeral de paso da auga cando te ausentes durante un período de tempo máis ou menos longo e sempre que detectes unha avaría.

Como evitar roubos no teu negocio?

  • Tenta manter os desaugadoiros limpos e, aos primeiros síntomas de obstrución, procede a desatascalos.
  • Limpa os canos con materiais non abrasivos xa que poden danalos.
  • Controla que non se boten ao inodoro restos de comida, cabichas, obxectos de hixiene persoal.
  • Revisa e limpa periodicamente o bote sifónico.
  • Protexe con filtros os sumidoiros dos desaugadoiros.
  • Pecha a chave xeral de paso da auga cando te ausentes durante un período de tempo máis ou menos longo e sempre que detectes unha avaría.

Roubos en establecementos

  • Dota de sistemas de peche seguro tódolos accesos ao establecemento, incluídos os do almacén, patios, escaleiras e fiestras. Estes sistemas deben permitir a evacuación das persoas en caso de emerxencia.
  • Instala un sistema de alarma visible dende o exterior e conectado a unha central de vixilancia concertada coa policía.
  • Fai visibles tódolos elementos de protección dos que dispón o establecemento: alarmas, caixa de seguridade, extintores e mangueiras.
  • Instala cristais de seguridade.
  • Asegúrate de que non hai ninguén dentro do establecemento antes de pechar. Lembra conectar os sistemas de alarma.
  • Mantén acendida algunha luz da fachada durante as horas nas que o establecemento permanece pechado. Disuadirá a manipulación de pechaduras e persianas.
  • Colga o plano do percorrido de evacuación do plan de emerxencia, xa que en caso de precisarse facilitará as operacións tanto dos bombeiros como da policía.
  • Considera o reforzo de espazos comúns (vestíbulos, escaleiras, etc.) ou elementos de separación (portas e tabiques) se o local está situado en contigüidade con outros edificios.
  • Se o tipo de negocio o permite, é aconsellable instalar un sistema de timbre e control na apertura da porta de acceso, xa se trate dun pasador ou de sistemas de activación remota.
  • É recomendable instalar un premedor de alarma silenciosa.
  • Establece códigos de comunicación entre o persoal de maneira que en caso de que se produza calquera tipo de incidente se poidan comunicar sen alarmar os clientes.
  • Valora a conveniencia de instalar sistemas que permitan ver tódolos recunchos do establecemento (espellos, cámaras, etc.), xa que, ademais de facilitar a vixilancia, son disuasivos.
  • Dota de sistemas de protección mecánicos ou electrónicos os artigos expostos á venda e mantén fóra do alcance do público os de máis valor.
  • Leva un rexistro dos artigos en exposición da tenda e dos que teñas no almacén. Axudarate a inventariar as perdas despois dun roubo.
  • Non agardes para facer o reconto de caixa ao último intre, antes de pechar. É mellor que o fagas acompañado e nun sitio afastado da vista do público.
  • Fixa un límite máximo de diñeiro na caixa rexistradora e, durante o día, vai retirando as cantidades de diñeiro que o excedan, deixando só o que precisas para devolver o cambio. Segundo as características do comercio, valora a conveniencia de instalar caixas de seguridade coa apertura codificada e retardada nun lugar ben visible ao público e coa indicación de que o persoal do establecemento non ten acceso a elas.

Outros

Como evitar roubos na túa comunidade?

  • Asegúrate de que a porta de entrada quede pechada.
  • Para entrar ou saír do parking hai que esperar ata ver que pecha a porta. Así evitarás que alguén entre andando.
  • Para evitar roubos nocturnos aconséllase pechar a porta con chave durante as noites. Así mesmo, mantén en bo estado o resto de accesos ao edificio (portas de terrazas, locais con acceso directo, etc.).
  • Se dispós dunha caixa do correo externo para o correo comercial evitarás a entrada de estraños.

Como evitar danos na túa comunidade?

Danos por auga

  • É aconsellable que a chave do cuarto de contadores a teña o presidente e algún veciño máis, por se hai fugas de auga durante as vacacións, para poder acceder ás chaves de paso.
  • Aconsellar os veciños que, cando se ausenten de vacacións, pechen a chave de paso da vivenda.

Outros danos

  • Realizar un mantemento anual das instalacións da comunidade co obxectivo de evitar accidentes, como escorregar. Repasar chanzos que poidan estar rotos, balcóns, fachadas, etc. Limpar a broza das terrazas. Poñer especial coidado nos canos vistos para evitar xeadas en inverno.
  • Ter un extintor en cada andar e no garaxe, de cara a minimizar os danos en caso de incendio.
  • Ter recollidos nun lugar visible os teléfonos de interese en caso de emerxencia, así como o de contacto da compañía aseguradora para utilizar en caso de necesidade.

Consellos antes de saír navegar

Climatoloxía

  • Antes dunha saída, estar informado dos avisos costeiros publicados na web da Axencia Estatal de Meteoroloxía.

Documentación

  • O propietario da embarcación debe ter o correspondente Certificado de Navegabilidade, que acredite que pasou a correspondente ITB e cumpre coa lexislación vixente.

Estado da embarcación

  • Para gozar da túa embarcación de maneira segura e sen contratempos inesperados, é importante realizar os mantementos preventivos seguindo o manual do fabricante.

Equipo e material obrigatorio

  • Asegúrate de levar a bordo os equipos e material de seguridade de salvamento marítimo. É recomendable levar a bordo unha caixa de primeiros socorros.

En caso de emerxencia

  • Lembra levar o teléfono de Salvamento Marítimo 900 202 202 canle 16 VHF.

Consellos durante a navegación

  • Respectar sempre o Regulamento Internacional para previr as abordaxes no mar.
  • Manter unha vixilancia eficaz (auditiva e visual).
  • Escoitar permanentemente a Canle 16 de VHF (respecta as normas de comunicación).
  • Comunicarlle ao Centro de Salvamento, ou á Estación costeira máis próxima, calquera incidencia relativa á seguridade da vida humana, da navegación e sobre a contaminación.
  • Practicar regularmente normas de conduta para situacións de emerxencia: home á auga, incendio, abandono, etc.
  • Non invadir a zona de bañistas, utilizar as canles sinalizadas, navegar a unha velocidade inferior a 3 nós nas canles e dentro dunha franxa de 200 metros contiguos ás praias non balizadas.

Consellos para invernar a embarcación

Vixilancia

  • Recomendamos un sistema de alarma na propia embarcación ou ben que o porto onde se atope a nosa embarcación dispoña dun sistema de vixilancia.

Coida de tu motor

  • Asegúrate de que puxeches un anticonxelante axeitado no sistema de refrixeración interno e de que enxaugaches a auga salgada dos intercambiadores de calor. Tamén é aconsellable encher totalmente o depósito de gasóleo para evitar a condensación.

Coida os equipos eléctricos

  • As baterías son fáciles de conservar pero bótanse a perder se non se manteñen durante o inverno. O ideal é cargala cada mes.

Mantén o interior do barco fresco e seco

  • Se o interior non se mantén seco durante o inverno, o mofo pode medrar rapidamente a través do barco estragando tapizarías e madeiras.
Estes documentos poden ser de grande axuda