Como che gustaría que fose o teu seguro do fogar?

Os tempos cambian e o que antes era unha casa onde vivir, agora se converteu no centro da túa vida. Dado que cada casa é diferente, tes que poder escoller un seguro á medida do teu fogar.

Ademais, tampouco somos iguais nin temos as mesmas necesidades. Por iso poderás escoller entre contratar online, unha forma de contratación inmediata vía web ou personalizada vía telefónica, ou a través dun axente AXA que adaptará o produto ás túas necesidades e acompañarate unha vez contratada a túa póliza.

Un seguro que te protexe máis aló da túa vivenda

Protexemos a túa vivenda

Protexemos as persoas que viven nela

Axudámoste no teu día a día con servizos diferenciais

Vantaxes do seguro do fogar AXA

Se contratas cun axente AXA, terás información personalizada e coberturas exclusivas.

ECO-FOGAR

Axudámoste a mellorar a eficiencia enerxética

Cun asesoramento personalizado e simulación de aforro

SERVIZO ANTIOCUPACIÓN

Se ocupan ilegalmente a túa vivenda...

Acompañámoste durante todo o proceso necesario para o desaloxamento e a reclamación de danos

PERDA DE ALUGAMENTOS

Se alugas a túa casa...

Se tes a vivenda alugada e por un sinistro debe desaloxarse, cubrímosche ata 12 meses de alugamento

SEGURO DO FOGAR

Fogar único

Co produto fogar único poderás escoller o nivel de protección que realmente precisas para o teu fogar

Ventaja de seguro de hogar

COMPROMISO ATENCIÓN URXENCIAS

Urxencias en menos de 3 horas

Comprometémonos a enviarche un profesional en menos de 3 horas se algún incidente che impide acceder á túa vivenda ou habitala. Dende un incendio a unha inundación, mesmo se esqueciches as chaves no interior. E, se non cumprimos, pagámosche a reparación de urxencia ata 1.500 euros.

Compromiso de atención de urgencias

Estamos aquí para resolver calquera dúbida

Que coberturas debe incluír o mellor seguro do fogar?

O mellor seguro do fogar é aquel que, ademais de protexer axeitadamente a vivenda, ofrece garantías que protexen as persoas que viven nelas. Por iso en AXA tes unha ampla gama de garantías que te protexerán a ti e os teus.

O meu seguro do fogar cobre a miña mascota?

Este seguro protéxete ante calquera reclamación derivada dos danos  que poida causar o teu can.

Traballo na miña casa, está incluído o mobiliario e o instrumental profesional?

Si, se es autónomo, podes protexer o teu mobiliario e o instrumental profesional coa garantía da túa oficina na casa.

Os obxectos do rocho, tamén están asegurados?

Si, o rocho considérase unha construción anexa, polo que todo o mobiliario que está gardado está protexido nas mesmas condicións que o mobiliario que tes na vivenda.

Que se considera xoias ou obxectos de valor artístico?

Consideramos xoias  tódolos obxectos de ouro, prata e platino, con ou sen perlas, ou pedras preciosas engarzadas.
Tamén as moedas de ouro e prata que non formen parte de coleccións. Polo outro lado, teñen consideración de obras de arte tódolos obxectos e antigüidades, como tapices, cadros, alfombras e peles, cuxo valor unitario exceda de 
10.000 €. Así como as coleccións e os incunables de calquera valor.

Alugo a miña vivenda, como debo asegurala?

Debes declarar que o uso da vivenda é o alugamento, deste xeito poderás incluír garantías como actos vandálicos do alugueiro, así como a perda de alugamentos por inhabitabilidade da vivenda a causa dun sinistro.

E se vivo nunha vivenda alugada?

No caso de vivir nunha vivenda alugada, o principal será asegurar o contido da vivenda para protexer os teus bens. De tódolos xeitos, recomendámosche ter un pequeno capital en continente para estar protexido ante calquera outro imprevisto (apertura da porta en caso de perda de chaves, rotura vidro, etc.).

Podo ampliar a cobertura fronte a fenómenos meteorolóxicos

Se vives nunha vivenda unifamiliar, acaroada ou nun ático, recomendámosche que amplíes a protección ante fenómenos atmosféricos que poidan afectar o tellado.

Podo incluír no meu seguro do fogar a Responsabilidade civil para o can?

Si, podes declarar o teu can e así ter cubertos os danos que cause o teu can

Cantos cans podo incluír?

No teu seguro do fogar podes asegurar ata 5 cans

E se se trata dun can guía?

Si, con este produto poderás asegurar a cans guías.

... e é can de garda e vixilancia?

Os cans de vixilancia, garda e custodia son cans adestrados para isto e só serán obxecto de cobertura deste seguro no ámbito da vida familiar e privada. Se este can desempeña a súa función fóra da vivenda, non terá cobertura.

1750

Axentes AXA á túa disposición para resolver as túas necesidades

Os nosos axentes AXA guíante para atopar solucións concretas e rápidas.

Contacta cun axente
Por favor, introduce un nome válido
Por favor, indica o primeiro apelido
Por favor, introduce un dni válido
Por favor, introduce un teléfono válido
Por favor, introduce un email válido
Por favor, introduce un código postal válido
Por favor, introduce un horario válido
Por favor, introduce as túas observacións correctamente

Precisas axuda?

En AXA sempre estamos dispoñibles para ti ofrecéndoche diferentes canles para contactar connosco.

CHÁMANOS Contacta co teu axente

Os termos expresados nesta web están supeditados ás condicións xerais e particulares de aplicación destes seguros así como á modalidade de seguro contratada e a que o contrato estea ao corrente de pagamento.