Selo AXA calidade

Certificación ISO do proceso de Xestión da calidade

1ª compañía no mercado en implantar un proceso destas características

Selo de calidade AXA outorgado á axencia tras un esixente proceso de valoración de estándares de calidade de servizo certificado segundo a norma UNE-EN ISO 9001-2015.

Recoñecer cada ano a novas axencias AXA con este distintivo, e renovar o daquelas que xa contan con el, é para nós unha proba do esforzo diario que realizamos para manter un alto nivel de calidade no contacto cos nosos clientes.

  • O obxectivo é garantir un alto nivel de calidade, prestado aos clientes nas axencias. En AXA, a nosa prioridade é o cliente, e por este motivo tódolos nosos esforzos céntranse en manter un alto estándar de calidade, tanto nas xestións que dende a compañía se realizan cada día como nos nosos puntos de venda. Deste xeito, AXA aposta pola calidade como unha das pancas de transformación, que nos permitirá ser unha compañía centrada nos nosos clientes.
  • É unha ferramenta que promove a mellora continua e a eficiencia dos nosos procesos de calidade, ademais de potenciar o expertise dos nosos axentes.
  • Para que unha axencia AXA logre este distintivo non só debe destacar pola gran profesionalidade do servizo ofrecido aos seus clientes, tamén debe demostrar un amplo coñecemento das necesidades destes para ofrecerlles unha información personalizada e unha excelente imaxe do punto de venda. Ter o noso selo implica cumprir cos estándares de calidade máis esixentes e mantelos no tempo.
  • Actualmente temos 554 axencias con selo de calidade. Estas axencias superaron un esixente proceso de avaliación baseado nun sistema de calidade recoñecido por Cámara Certifica, a través da certificación ISO 9001.

Precisas axuda?

En AXA sempre estamos dispoñibles para ti, por iso che ofrecemos diferentes canles para contactar connosco.

CHÁMANOS