Xornalismo 2030

Impulsado polos xornalistas Fernando Jaúregui e Sergio Martín, o proxecto Xornalismo 2030 nace co obxectivo de debater sobre o futuro dos medios de comunicación e a maneira de axudar na consolidación do novo xornalismo e o desenvolvemento da sociedade a través do diálogo, o debate e o consenso en aspectos clave da actualidade

Como?

A través de debates que xeren unha profunda reflexión, con xornalistas de recoñecido prestixio dos distintos medios de comunicación españois. A través de estudos realizados a máis de 4000 persoas sobre a percepción dos medios de comunicación e o xornalismo así como os hábitos de consumo da información en España. Trataranse temas tan diversos como o futuro da prensa de papel, o xornalismo en redes sociais e cara a onde van as radios e as televisións e cal debería ser o modelo de ensino nas facultades de Ciencias da Información.

 

Se queres coñecer o estado do xornalismo en España, comunidade autónoma por comunidade autónoma, preme aquí.

Coñece máis sobre Xornalismo 2030

Segue os debates e entrevistas Xornalismo 2030