Reembolso de gastos de saúde

Se a túa póliza ten reembolsos, podes acudir a médicos e a centros da túa elección. Neste caso debes pagarlle a factura ao profesional ou centro médico e reembolsarémosche o custo segundo as porcentaxes e límites establecidos nas condicións particulares da túa póliza. Solicítao a través da app MyAXA e web.

Accede a MyAXA

Selecciona “solicitar reembolso”

Introduce os datos dos servizos

Data da prestación, importe, factura, informes médicos... 

Inclúe os datos bancarios

Para poder cobrar o reembolso

Confirma a túa solicitude

O pagamento farase efectivo nun prazo de 15 días laborables, por transferencia bancaria, tras recibir toda a documentación

Terás que achegar as facturas e/ou informes médicos cunha foto (formato JPEG ou JPG) ou en PDF. Lembra que, para a factura, o peso máximo por documento é de 1 MB e para os informes é de 2 MB.

Para facturas hospitalarias/intervencións cirúrxicas, se dispós de máis dunha factura, achega todas na mesma solicitude e indica a suma dos importes de todas elas no campo "Importe Factura". Non esquezas achegar o informe médico correspondente.

E, se o prefires, tamén podes solicitar o teu reembolso de gastos a través de:

Formulario web

Podes acceder a este formulario e solicitar o teu reembolso:

ACCEDER

Se o prefires podes enviala por correo postal, enviando unha solicitude de reembolso por cada asegurado:

Por correo postal


1. Cubre tódolos campos da solicitude de reembolso de gastos (ver detalle no dorso da solicitude)

2. Achega as facturas orixinais dos gastos do asegurado.

3. Inclúe a prescrición médica se se trata de medios de diagnóstico, probas terapéuticas, servizos domiciliarios de enfermaría ou das próteses internas que estean garantidas.

4. Achega toda a información médica ou clínica que consideres necesaria para a valoración e tramitación do reembolso.

Podes enviarnos a solicitude de reembolso de gastos e a documentación ao seguinte enderezo:

AXA Saúde
Departamento de Reembolso de Gastos
Apartado de Correos 61806 FD
28080 Madrid

Descarga os teus exemplares aquí

Agredecémosche que non remitas cartas nin urxentes nin certificadas xa que no apartado de correos non se recepcionan

 

  • Os termos expresados nesta web están supeditados ás condicións xerais e particulares de aplicación destes seguros así como á modalidade de seguro contratada e a que o contrato estea ao corrente de pagamento.