El precio de tu seguro en menos de 5 minutos
Podrás calcular tu seguro de forma personalizada a través de un agente. Teléfono exclusivo para contratar.
Localiza tu oficina AXA más cercana. Tienes 2500 a tu disposición
Ciber Protección
Unimos Prevención, Protección e Información desde o primeiro intre. Ofrecémosche moito mais que un servizo técnico. Poñemos á túa disposición unha solución aseguradora que protexerá o teu negocio en caso de sufrir un ataque cibernético.
Ningunha empresa esta a salvo de sufrir un ciberataque. En só uns segundos os datos dos teus clientes e do teu negocio poden estar en risco non podendo, en ocasións, detectalo ata pasados uns días
- Responsabilidade civil por ciberincidente (danos aos datos de terceiros e incumprimento da RXPD)
- Gastos de crise
- Aboamento de sancións (RXPD e LSSI)
- Responsabilidade civil subsidiaria (danos ocasionados a terceiros por subcontratistas do asegurado)
- Servizo de resposta ante un incidente de seguridade (inclúe o servizo de recuperación de datos borrados, restauración do sistema de acceso, descontaminación de código maligno, notificación de afectados e xestión de crise, e peritaxe informática xudicial)
- Asistencia en caso de ciberextorsión (asesoramento especializado)
- Gastos de defensa legal, xudiciais e extraxudiciais
Que coberturas podes engadir?
Descrición de garantía Interrupción do negocio
Cunha indemnización diaria en caso de paralización da actividade.
Equipos de substitución
Servicio de subministración de equipos de substitución
Por que con AXA?
-
Co produto de ciberprotección de AXA estarás protexido fronte ás principais ameazas
• Paralización de actividade
• Perda de información privada de clientes
• Reclamacións de terceiros
• Perda de reputación
• Peche do negocio -
Solución aseguradora flexible. Poderás seleccionar o importe asegurado en función da túa actividade
O tempo é ouro! É fundamental evitar unha propagación do dano, actuar con rapidez é clave para mitigar o impacto e retomar a actividade no menor tempo posible. O noso servizo de atención 24 horas, composto por expertos en ciberseguridade, axudarache a solucionar o incidente canto antes.
![Ciberprotección](/documents/776357/22599246/1-ciberproteccion-gestion-integral.png/d05314c8-92de-ab1a-c2b1-48092df5d89e?t=1670432220489)
Xestión integral por expertos en caso de sinistro
Actuando de maneira rápida e eficaz para minimizar o impacto e asegurar a continuidade do negocio
![Seguro de Ciberproteccion atención 24h](/documents/776357/22599246/2-ciberproteccion-atencion-ciberseguridad.png/82f752e0-791a-3461-1c66-2bfa8b2291fd?t=1670432220838)
Atención Ciberseguridade 24/7 toda a vida da póliza
Asesoramento ao cliente sobre o uso e configuración de dispositivos tecnolóxicos, redes sociais, axuda na creación de copias de seguridade..., etc.
![Ciberprotección recuperación de equipos](/documents/776357/22599246/3-ciberproteccion-recuperacion-equipos.png/24d7a049-4e4e-5cbc-2f5d-cc0ada7b436b?t=1670432221133)
Recuperación de equipos
Restablecemento de contrasinais e niveis de acceso ás túas contas, limpeza de soporte lóxico..., etc.
![Ciberprotección recuperación de datos](/documents/776357/22599246/4-ciberproteccion-recuperacion-datos.png/a1238140-f1c1-3d22-499a-9070a4b3b9cd?t=1670432221383)
Recuperación dos datos
A partir da copia de seguridade
![Informe perficial seguro de ciberproteccion](/documents/776357/22599246/5-ciberproteccion-informe-pericial.png/804c3d1e-c46c-0b68-159e-e0f4af4c349d?t=1670432221650)
Realización dun informe pericial
Con evidencias dixitais por parte dun perito informático xudicial, por se o necesitases
1750
Axentes AXA á túa disposición para resolver as túas necesidades
Os nosos axentes AXA guíante para atopar solucións concretas e rápidas.
Contacta cun axente- Documento de información sobre o produto de seguro PDF (766KB)
Outros seguros que quizais che poidan interesar
Estamos aquí para resolver calquera dúbida
Cobre o mesmo que o meu Seguro de Responsabilidade Civil?
Os seguros tradicionais de R.C. ou Danos non cobren este tipo de risco cibernético e non contan co apoio e asesoramento de expertos en ciberataques en calquera momento.
Estes riscos poderían ser atendidos polo meu propio servizo técnico?
Esta solución é máis que un asistente técnico. Ademais dunha atención integral e personalizada 24/7, AXA asume as
reclamacións recibidas por terceiros, os gastos da implementación das accións necesarias para cumprir o regulamento de protección de datos e para mitigar os posibles impactos; e en caso de paralización parcial ou total da actividade, acompañará ao cliente para renovar a actividade canto antes evitando así o peche do negocio.
Necesito este tipo de seguro aínda se non teño tenda online?
Si, cando o negocio inclúe venda online as medidas de seguridade teñen que ser aínda maiores, pero os ciberriscos afectan a todo tipo de empresas ou negocios. Un simple email pode conter un virus e roubar todos os datos que custodie o asegurado, poñendo en risco a continuidade do negocio.