Servizos incluídos

Asistencia xurídica telefónica

Como confeccionar un contrato de aluguer, que facer fronte a un inquilino moroso, desafiuzamento, fianzas…

Separacións, divorcios, nulidade, réximes económicos, pensión por alimentos

Conflitos en compras efectuadas por Internet

Cuestións relacionadas co apoderamiento/roubo/mal uso de claves persoais de acceso a tarxetas de crédito, contas bancarias…

Asistencia fiscal telefónica

Incrementos e perdas patrimoniais derivados da compravenda de produtos financeiros.

Impostos de transmisións patrimoniais e actos xurídicos

Impostos de sucesións

Envío de modelos de contratos civís

Facilitamos modelos de contratos comúns en materia civil, ademais de asesoramento telefónico sobre a súa interpretación e enchemento.

Análise e revisión de escritos e contratos

Adicionalmente, asesorámoste legalmente sobre os documentos legais que precises para aforrarche tempo e ofrecerche tranquilidade.
 

Envío de formularios de reclamación

Xerais: compañías eléctricas, telefónicas, axencias de viaxes…
E por cuestións financeiras e bancarias: comisións bancarias abusivas, cláusula chan…

Asesoramento xurídico presencial

Poderán acudir aos despachos de avogados da nosa rede para informarse sobre o alcance dos seus dereitos en temas relacionados coa súa vida particular. Establécese un límite de 3 visitas por anualidade de pago.

Defensa Penal

Por imprudencia. Tanto do asegurado como do núcleo familiar. Inclúe fianzas.

Garantía de consumo

Reclamación contractual por cousas mobles

Fronte a outras entidades aseguradoras

A contía reclamada ha de ser superior aos 150 euros.

Reparación de electrodomésticos realizada por servizos técnicos oficiais

Servizos médicos e hospitalarios

Servizos de viaxes, turísticos e de hostalería

E moito mais.

Garantía de vivenda

Reclamacións a terceiros por danos causados á vivenda ou aveños e mobiliario

Fronte ao vendedor da vivenda asegurada

Reclamación por riscos extraordinarios por incumprimento do Consorcio de Compensación de Seguros

Reclamación en supostos de ocupación e uso ilegal

Conflitos lindeiros

Defensa de intereses fronte ao inquilino

Defensa de intereses fronte ao propietario

Defensa Civil

Defensa Civil derivada de imprudencia, impericia ou neglixencia producidas no ámbito da vida particular.

Garantía Laboral

Conflitos laborais coa empresa

Reclamación de prestacións sociais contra a Seguridade Social

Defensa fronte a conflitos laborais plantexados polo servizo doméstico

Garantía Taller, Estacións de Servizo e Sancións de Tráfico

Reclamación fronte a estacións de servizo, talleres e concesionarios, e reclamación por incumprimento contractual fronte ao que se encomendase a súa custodia, depósito ou transporte. A contía reclamada ha de ser superior aos 300 euros.

Ampliación de garantía de vivenda

Ampliación da garantía de vivenda a vivendas secundarias declaradas na póliza.

Garantía fronte á Administración

Defensa fronte á Administración pola comisión de presuntas infraccións administrativas. A contía ha de ser superior aos 600 euros.

Garantía de sucesións

Garantimos a defensa e reclamación dos teus dereitos como herdeiro no caso de que sexa o teu cónxuxe, parella de feito ou garde un parentesco de primeiro grao.

Garantía de divorcio

Reembolsaremos previa xustificación, o importe dos honorarios e gastos derivados do procedemento xudicial. Ha de ir acompañado de sentenza firme ou resolución xudicial definitiva ditada nun procedemento civil. Esta garantía ten unha carencia de 12 meses.

Garantía Cyber Risk (Internet)

Conflitos xurdidos no caso de non entrega ou entrega defectuosa de compras efectuadas por Internet.

Conflitos derivados de compras realizadas a través de empresas de poxas on-line

Apoderamento, roubo ou mal uso de claves persoais de acceso a tarxetas de crédito, contas bancarias ou outro tipo de contrasinais, suplantando ou roubando a súa identidade.

Intrusión de aplicacións malignas, virus e troianos nos seus equipos informáticos.

Defensa e reclamación fronte ao vendedor por incumprimento na compravenda de bens e servizos para uso privado a través dun portal de compras en Internet situado en España.